martes, 28 de enero de 2014

SENSIBILIZÁMONOS

Mañá non ven a profe de inglés! Polo que vamos aproveitar esa hora para sensibilizarnos un pouco co tema das distintas capacidades tan presentes na nosa aula.

Contarvos que o conto de "O cazo de Lorenzo" foi todo un éxito! Os nenos captaron de súpeto a idea que transmite a historia e aprenderon un montón sobre o TEA.

Mañá vamos coñecer "Por cuatro esquinitas de nada" de Jerome Ruillier. 



Aprenderemos tamén un pouco de xeometría xa que antes de ver e escoitar o conto tentaremos meter un cadrado dentro dun círculo e logo un círculo dentro dun cadrado mantendo sempre os tamaños.

Seguro que será unha experiencia enriquecedora para todos.

Remato coa seguinte cita:


"O que se lles dé aos nenos, os nenos daranno á sociedade" Menninger, Karl A.



lunes, 27 de enero de 2014

CANTO O DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Este ano no noso colexio tomamos como himno deste día a canción de Juanes titulada "Paz, Paz, Paz". 

Velaquí a tendes:


Ímola a cantar todos xuntos no patio, pero antes da gran actuación hai que ensaiar na aula asique para entender mellor a letra escribímola con axuda de pictogramas:

"PAZ, PAZ, PAZ" Juanes (letra con pictos)





"....E SE COMEZAMOS POR UN ABRAZO?"


APRENDO AS CANTIDADES

Seguimos plantexándonos como obxetivo: Identificar as cantidades 1-2 e 3, asociandoas ao número escrito e ao signo que lle correponde. Para acadar tal fin elaboramos material novo como o que vos presento hoxe: 


Feito todo con cartulinas de cores, forro, gomets, rotuladores e Blu-Tack.
Este material permite mover os números de columnas podendo así afianzar a aprendizaxe do obxetivo.


Agora estamos empregando caramelos pero debuxaremos e decoraremos outros alimentos para xogar con eles, aproveitando que son un interese do pequeno. 


Cun pouco de imaxinación e creatividade elabóranse materiais moi útiles. Por isto remato coa seguinte cita de Ken Robinson:

"Un dos papeis da educación é despertar e desarrollar o poder da creatividade"

Deixo o link do vídeo no que fai esta afirmación:
Ken Robinson: "Cómo escapar del valle de la muerte de la educación"


lunes, 13 de enero de 2014

CARPETA DE TRABALLOS

Pouco a pouco e día a día vamos introducindo novos materiais.

Hoxe elaboramos unha carpeta semellante a de todos os nenos da aula, na que gardar os traballos que se rematen.
Como temos diferentes carpetas a esta nova puxémoslle un identificador para saber que ahí se gardarán os traballos que xa estén feitos.




Como se ve na imaxen empregamos o picto "TERMINADO" do portal ARASAAC e no cadradiño negro puxemos unha foto do alumno. Deste xeito sabe que ahí se colocarán os seus traballos rematados e poderá identificala de entre as dos seus compañeiros.


"E xusto cando a eiruga pensou que todo rematara... converteuse nunha bolboreta" Odin Dupeyron.


viernes, 10 de enero de 2014

MANEXO DO RATO

Queremos aprender a manexar o ordenador para ser máis independentes nas clases de Informática polo que na vindeira semana vamos dar algunhas das nosas sesións de Audición e Linguaxe na aula de Informática.

Para aprender a mover o ratón empregaremos as actividades que nos ofrece a seguinte páxina, coa que vamos mover ao noso antollo por toda a pantalla unha restra de cores: 


Aprobeitando o tema do universo co que se está a traballar na aula tamén vamos mover un cohete entre diferentes planetas, gracias á actividade que nos ofrece a seguinte páxina:


Ademáis faremos una parada na seguinte web para descubrir debuxos espaciais movendo o rato:


Por último, en canto ao movemento do rato, vamos recolectar mazás con só pasarlle o punteiro por encima:



Estas son algunhas das actividades que vamos realizar nós o primeiro día, como toma de contacto. A continuación déixovos algúns dos moitos enlaces que atopei na web para traballar o manexo e o clic do rato :









E recordade que "A educación non é encher o cubo senon encender o lume" William Butle Yeats 




jueves, 9 de enero de 2014

NORMAS DE CLASE

Tras estas longas vacacións navideñas, volvemos a aula!

Aproveitamos o regreso para introducir novas rutinas, deste xeito o cambio terá menor impacto por verse sumido nun cambio maior como é a volta ao colexio.

A dinámica que presento hoxe é "Coñecemos e respetamos as normas de clase". Xa a finais do trimestre pasado fumos coñecendo as normas que hoxe enchen o noso panel. Trátase de normas individuais e moi visuais que implican unha acción única a realizar polo alumno e elexidas en función do comportamento normal do alumno, como por exemplo: 


TRABAJAR EN SILENCIO



Tamén se elaboraron pictos indicando que non se deben realizar determinadas accións colocando unha "X" sobre outros como por exemplo:


 GRITAR

O resultado final do noso panel de normas é o seguinte:



Colocamos o panel, xunto co alumno, nunha das paredes da aula á altura da súa vista. Temos un na aula ordinaria e outro na de Audición e Linguaxe.

Traballamos con el cada vez que queremos que unha norma se cumpla ou cando algunha non se respeta. Cando queremos que se cumpla algunha delas acercámonos, nomeámola, sinalámola e signámola. Procedemos de igual modo cando algunha se incumple para recordar que iso non se debe facer.


Para rematar con esta entrada recordarvos que para educar e ensinar dun xeito adecuado debemos "Dar máis importancia á actitude e ao proceso que ao resultado" (visto no Facebook da Fundación CADAH).