sábado, 26 de abril de 2014

AS TABLETS NO ENSINO E NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Esta fin de semana celebráronse as Xornadas das Tablets no ensino e na atención á diversidade. Foron moitas as ideas e os recursos que delas saquei.

A que hoxe quero compartir con vós é a aplicación gratuita para tabletas, ordenadores e pizarras dixitais SÍGUEME.

SÍGUEME está diseñada para potenciar a atención visual e entrenar a adquisición do significado a través de significantes visuais especialmente en persoas con trastrorno do espectro autista.

Componse de seis fases: atención, vídeo, imaxen, debuxo, pictograma e xogos; con diferentes niveis en algunhas delas. 
Tamén da a opción de 3 tipos de interacción coas actividades: só mirar mentras se suceden as accións, tocar para dar resolución ás actividades e mover os elementos pola pantalla para así resolver as tarefas.

Un punto forte da aplicación é contar coa posibilidade de personalizar os contidos eliminando e cambiando os diferentes elementos dos que se compón.

Dende a seguinte fotografía pódese descargar a aplicación para os diferentes sistemas operativos.




Ao longo deste último trimestre vamos tentar o uso desta aplicación na aula xa que está especialmente recomendada para as intervencións en nenos que aínda non teñen acceso á lecto - escritura.
Comezaremos no nivel 1 da fase de Atención personalizando os taboleiros cos intereses do alumno, seguramente sexan alimentos. 

Un elemento que me quedaba por comentar e me parece moi importante pola relavancia que ten para controlar a evolución do neno é a posibilidade de AVALIAR as actividades que se lle propoñen. 

No mesmo enlace de descarga pódese atopar o Manual de Usuario.


"Si siembras un pensamiento, cosecharás un acción. Si siembras una acción, cosecharás un hábito. Si siembras un hábito, cosecharás un carácter. Si siembras un carácter, cosecharás un destino" Samuel Smiles



jueves, 24 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Onte celebrouse o Día Internacional do Libro e por iso quixen publicar esta entrada pero foime imposible no seu momento polo que o fago agora.

Teño moitas ganas de compartir o apaixonante que me resultuou a historia que narra "El jinete del silencio" de Gonzalo Giner.

 


Trátase dunha novela que conta a vida dun neno con TEA na España do Século XV. Na narración conflúen historias moi distintas que enganchan ao lector por se relacionaren todas entre sí ben por unha trama ou polas singulares personaxes que nelas figuran. 
A novela permítenos seguir as andainas de Yago, o protagonista, dende que nace. Tamén nos leva a vivir os seus medos e a sufrirmos as torturas e vexacións que padece. Así mesmo coñecemos o que entrañan os seus pensamentos, o como vive os sentimentos que nel afloran e a entrañable relación que o une cos cabalos, animais que son o fío conductor da novela.


Remato cunha recomendación de Julia Navarro  "El jinete del silencio será recordada por la emoción que contiene, por sus protagonistas inolvidables y por las bellísimas enseñanzas que encierra. ¡No se la pierdan!" sacada de http://www.casadellibro.com/libro-el-jinete-del-silencio/9788484609902/1847636

martes, 8 de abril de 2014

ORDEAMOS SECUENCIAS

As secuencias temporais permítennos organizar e estructurar o pensamento, habilidades esenciais para a estabilidade física e emocional.

Por isto hoxe propoño este Symbaloo no que se recollen algúns xogos online para ordear secuencias temporais e series.



"Se non se poidera cambiar nada non existirían as bolboretas"


martes, 1 de abril de 2014

CONCIENCIÉMONOS! 2 DE ABRIL

Mañá conmemoramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

No noso cole hai diferentes actos programados para que toda a comunidade escolar se conciencie sobre os TEA: un bonito mural feito con debuxos todos eles pintados en tonos azuis, pegatinas con motivos do día, un corazón de globos azuis...

Pola parte que me toca a min preparei unha sesión duns 30 minutos para a cal saquei vídeos e ideas do seguinte artículo de Autismo Diario: http://autismodiario.org/2014/01/02/explicando-que-son-los-trastornos-del-espectro-del-autismo-ninos-de-primaria/

Os alumnos que participan na sesión xa coñecen o autismo e asistiron a outras sesións de sensibilización. 

Comezaremos co visionado do seguinte vídeo:



Aos nenos dirémoslles: Este vídeo vainos ensinar un mundo no que se busca a perfección e o orden, donde todo está moi colocado e programado. Todo é normal ata que un neno decide saltarse as normas. Mirade!
Despois de ver o vídeo… Este neno é xoguetón, imprevisible, alegre… ¿É moi distinto a vós? Daquela podemos pensar que quen é diferente nun lugar pode ser estupendo noutro…. Entón… ¿Ser diferente é malo?

Logo propoñerémoslles o seguinte xogo: Escollemos a un dos nenos ou nenas e deixamos un bombón sobre da mesa poñemos ao rapaz ou rapaza mirando cara os seus compañeiros e proxectaremos a seguinte imaxe mentras lles decimos a todos os demáis que garden silencio:

A continuación dirixímonos ao voluntario ou voluntaria e pedirémoslle nalgún idioma que non coñeza ou mesmo inventado, que nos de o bombón. Non se fan xestos nin se sinala nada, so de xeito verbal.
Como non entenderá nada, preguntámoslle ao resto do alumnado que lle estasmos pedindo.
Esta é unha oportunidade para preguntarlle a compañeira como se sentiu mentras lle preguntábamos algo e era a única persoa que non entendía nada. Darémonos a volta e deixarémoslle que vexa a pantalla.
Nese momento explicarémoslles a todos que os apoios visuais como os pictogramas axudan á comunicación dos nenos con autismo xa que son aprendices visuais.

Logo poñeremos un novo vídeo sobre as sensacións que perciben os nenos con TEA.



Aos nenos dirémoslles: Moitos nenos e nenas con TEA teñen problemas para regular os seus sentidos ¿Cales son os sentidos?
Pois en ocasións hai sensacións, ruidos e imaxes que os poñen moi nerviosos e esto fai que o pasen realmente mal.
Miramos o video e a ver se o entendemos mellor.

Despois do vídeo: ¿Cómo vos sentistes vendo o vídeo?
As veces cun pequeno xesto como baixar o volumen ou non facer ruidos innecesarios podemos evitar o malestar dos compañeiros.

Remataremos cun vídeo relacionado coa linguaxe e a comunicación




Aos nenos dirémoslles: Para que coñezamos que non todo o mundo gusta de falar ou pode facelo vexamos que hai outros medios para poder comunicarse con eles. ¿De que outros xeitos ademáis dos que nos amosan no vídeo nos poderíasmos comunicar?

Rematamos vale? Pero antes vexamos que conclusións de todo esto que vimos. Algunhas son as seguintes:
  •       É necesario ser cuidadosos coa linguaxe que usamos cos nosos compañeiros para que todos nos entendan.
  •   Tamén é moi importante xogar de forma adecuada e evitar que se queden solos invitándoos a xogar con vos.
  •     E como non, a todos nos gusta que nos digan as cousas que facemos ben, verdade? Pois haillo que decir a todos os nosos compañeiros.
  •     Querámonos moito e respetémonos entre todos así seremos moito máis felices.