jueves, 26 de febrero de 2015

UN CONTO CON TRUCO `Juan no se quita el disfraz´

`Juan no se quita el disfraz´ é un conto de Graciela Repún publicado na revista de Mestres de Infantil. 

Con él vamos traballar os procesos psicolóxicos básicos ademáis do ámbito comunicativo língüístico en todos os seus compoñentes.

Trátase dunha presentación na que se vai contando o conto con ilustracións e entre mentras se van plantexando preguntas ao alumnado para reflexionar, expresar ideas,...

Esta actividade está desarrolada en castelán, atendendo ao conto orixinal.











Perseguindo ideas.






lunes, 23 de febrero de 2015

PIRATÍN E O /L/

Piratín continúa divertíndonos coas súas actividades!

Esta vez ponnos a proba para ver se damos coas palabras que conteñen o son /l/. Seremos quen de acertalas todas?

Vamos a xogar!





Aprender xogando




lunes, 16 de febrero de 2015

PRAXIAS DIVERTIDAS EN GALEGO

Moitas grazas a unha moi boa compañeira por compartir comigo estas orixinais láminas de praxias e sopro EN GALEGO.

Empregueinas cos cativos do colexio mentras ía inventando unha historia na que a señora Abella, mentras cheiraba unha rosa que arrecendía moi ben... topábase con don Morcego quen non facía máis que meter a lingua a quen pasaba por diante del...

Foi unha sesión moi divertida :)

Porque compartir é o espíritu da aprendizaxe en rede... Eu continúo coa cadea e comparto con vós este precioso material. 

Tamén volo deixo en Google Drive no seguinte enlace:

























lunes, 9 de febrero de 2015

ÁS DE BOLBORETA - ENFERMIDADES RARAS

Hoxe escribo para recomendar un conto ben bonito sobre Nadia Nerea, unha nena cunha enfermidade das coñecidas como "raras". 

Chegou ás miñas mans por casualidade, como a maioría dos libros que acaban enchéndome de gratas sensacións. 

Pois esta pequena gran loitadora padece unha enfermidade xenética dexenerativa das máis raras do mundo, Tricotiodistrofia, tamén coñecida como "Pel de reptil", que apenas padecen unha vintena de persoas no mundo e que deteriora rápidamente o seu sistema nervioso.

No conto non nos narra as súas andainas diarias nin moito menos, senon como esa xente solidaria, esa xente con ÁS DE BOLBORETA, lle axudaron a conseguir as súa "Tarta de tempo", o regalo que Nadia quería polo seu cumpreanos.



Portada do libro "Alas de Mariposa" de Marisa López e Javier Mariscal

"Xente con as de bolboretas que, aínda que non sepan de teorías matemáticas ou de meteoroloxía, saben que o movemento dunha onda pode xerar unha gran muda" López Soria.


jueves, 5 de febrero de 2015

DIVERTÍMONOS CON ROSTY E O /R/

A clase de hoxe de intervención en rotacismo fíxose moi divertida grazas a Rosty!

Os pequenos disfrutaron á vez que se riron e practicaron o fonema vibrante múltiple.

Este foi o vídeo que seguimos.



Logo escribimos o trabalinguas e leváno á casa para practicar.


APRENDER XOGANDO

miércoles, 4 de febrero de 2015

PIRATÍN E O /F/

Os peques de 5 aniños seguen sendo os PIRATAS do cole!

Piratín continúa facéndonos visitas e desta vez tróuxonos un xogo co son /f/!

¿Qué palabras teñen ese son no seu nome? 








EDUCAR NO EMPREGO DAS TIC

Hoxe absorviume a preocupación sobre o que algunhas persoas están a facer con toda a tecnoloxía que teñen ao seu alcance.


Dóeme ver vídeos, fotos, publicacións e demáis posts na rede que danan os dereitos e a imaxe de compañeiros e descoñecidos que teñen unha vida á marxe do que sobre eles se poida amosar.

Penso en cómo educar para que os pequenos aos que ensino e me rodean obvien ese mal uso das TIC e aprendan que son unha ferramenta magnífica para adquirir e compartir coñecementos, materiais, ideas e opinións. 

Para comezar penso que estas premisas poden dar un empuxón á reflexión sobre o emprego san da web.




"A tecnoloxía só é unha ferramenta. A xente emprega as ferramentas para mellorar as súas vidas" Tom Clancy



martes, 3 de febrero de 2015

COMUNICÁMONOS CON E-MINTZA

Estamos probando unha nova app que rompe barreiras para nos poder comunicar.

Levamos unha semiña probando E - MINTZA.

Trátase dunha app dispoñible para iPad, Android e tamén para Windows. 

As súas funcións permiten empregala como taboleiro de comunicación ao mesmo tempo que como axenda grazas á opción que nos ofrece para elo.

Temos a posibilidade de personalizar o taboleiro introducindo fotos, audios, textos e vídeos en función das necesidades do usuario. 

A seguinte imaxe lévanos á web da Fundación Orange na que atopamos os enlaces necesarios para descargar a aplicación para os diferentes sistemas.
Tamén nos ofrecen uns sinxelos manuais de usuario para dar os primeiros pasos no seu manexo de xeito rápido e eficaz.





Deixo un vídeo titorial para axudar a empregar a app. Nel explica como programar para Windows pero o funcionamento é o mesmo para o resto de dispositivos.





"Poden ser xoguetes pero tamén potentes ferramentas de aprendizaxe" EOP





lunes, 2 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Dende a aula de Audición e Linguaxe tamén dixemos NON Á VIOLENCIA e declaramos a paz o pasado venres.




Escribimos uns corazóns con boas palabras; palabras cargadas de mensaxes.
Foron palabras que se escolleron en función duns obxectivos: algunhas debían levar o fonema /r/, outras descubrímolas ordeando previamente os grafemas... 




E decidimos colgalos no pasillo para que todos os compañeiros se unisen a nos neste día.



Non os vamos quitar en moito tempo xa que non so podemos buscar boas intencións un día ao ano, senon os 364 que restan tamén.



DYSEGGXIA APP

Dyseggxia é un xogo para tablets e teléfonos móviles que axuda a nenos e nenas con dificultades lecto-escritoras, entre elas a dislexia, a mellorar a través de xogos.

Según nos informan na páxina web de Dyseggxia, todos os exercicios incluídos foron deseñados científicamente para tratar aqueles erros de lectura e escritura propios de nenos con dislexia.

Componse de 3 nivies: fácil, medio e difícil. 
Os exercicios que nos ofrece son de diferente tipo: insercción, omisión, sustitución, derivación e separación de palabras. 


Pódedes descargar a app pinchando na seguinte imaxe. 
Hai unha versión para Ipad e outra en beta para Android.





Aprender xogando