lunes, 21 de septiembre de 2015

RESPECTAMOS A DIVERSIDADE EN ATENCIÓN EDUCATIVA

Este ano dedícolle parte do horario a unha sesión de Atención Educativa en Educación Infantil.
Nestas horas vamos falar e aprender sobre a diversidade, as diferenzas e o respecto.

Comezamos as sesións co libro de Ranilda da editorial OQO para entender que debemos querernos tal e como somos.



Vamos continuar con DIFERENTES Guía Ilustrada sobre a diversidade e a discapacidade de Ponce, A. & Gallardo, M. para entender as diferenzas que nos rodean e aportar unha visión sinxela da discapacidade como algo enriquecedor e normal.

Pódese descargar pinchando na imaxe:



A diversidade está nos ollos de quen a mira.

sábado, 12 de septiembre de 2015

PARA AS AVALIACIÓNS INICIAIS!

Comezamos o curso e con el as avaliacións iniciais!

Nas aulas de Audición e Linguaxe así debemos comezar, coas tan necesarias avaliacións iniciais das que partir e organizar os programas de intervención.

Déixo o documento que adaptei partindo dun atopado na rede con fonte descoñecida e que empregarei neste curso. Pinchade na imaxe e poderedes descargalo.

Espero que vos sirva de axuda!!

FONTE DO DOCUMENTO


domingo, 6 de septiembre de 2015

ORGANIZAMOS AS INTERVENCIÓNS!

Para comezar o curso, ben sabemos os mestres de Audición e Linguaxe que necesitamos ter diferentes documentos nos que recoller toodos os datos dos nosos nenos e nenas e organizar con eles as intervencións.

Aquí vos deixo tres documentos que podedes descargar pinchando na imaxe:


  • Rexistro de alumnos de Audición e Linguaxe.
  • Programación diaria de aula.
  • Ficha de seguimento en avaliacións trimestrais.



Persigamos intervencións de calidade!



BENVIDA AO CURSO 2015 - 2016

Novo curso, novas caras, novos retos e... renovamos o blog!!

O comezo deste curso inspírame boas vibras :) 
Teño un par de proxectos en mente, un deles relacionado co Programa de Estimulación da Linguaxe en Educación Infantil e outro, no que me inmiscuiron de pleno os compis, sobre o Proxecto Lector.

Para comezar cos cambios do blog creei o meu propio avatar coa ferramenta online CREA UN AVATAR, se pinchades na fotografía lévavos á dirección web.



Esta ferramenta formará parte dos recursos que empregaremos no PELO ;) 

Como non podía ser menos este ano abrimos o curso coa canción que me resulta máis motivadora para elo... "Adelante por los sueños que aún nos quedan, adelante por aquellos que están por venir... Adelante porque no importa la meta..."


ADIANTE CO NOVO CURSO!! :)