lunes, 26 de enero de 2015

DISCRIMINAMOS ANIMAIS NA PDI

Na sesión de hoxe do Programa de Estimulación da Linguaxe de 3 aniños vamos xogar cos animais! 

Empregaremos o Encerado Dixital con algunhas das actividades do seguinte programa. Os niveis mais avanzados deixaremolos para os pequenos máis maiores.


Pincha na imaxe e... A XOGAR!!



APRENDER XOGANDO


sábado, 17 de enero de 2015

UNS COMECOCOS MOI "RRRRR"

A semana pasada volvemos a comezar as nosas sesións con máis gaRRA ca nunca e que mellor xeito de facelo que entrenarnos na correcta articulación do /r/ á vez que practicamos un pouco de papiroflexia. Así elaboramos uns comecocos.

En cada unha das pestañiñas puxemos unha palabra que implique a articulación do fonema /r/ e logo, a decoración corriu a conta da creatividade dos nenos e nenas. Mirade o resultado!

No tempo de recreo tivo moito éxito entre os compañeiros :)










Aprender xogando

viernes, 16 de enero de 2015

O NADAL NA AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Antes das vacacións de Nadal non tivemos tempo de vos amosar a nosa peculiar árbore navideña!

Non queremos que pase máis tempo coa nosa creación sen publicar!

Esperamos que vos guste! Todos os alumnos da aula de Audición e Linguaxe colaboraron na súa producción.