Mostrando entradas con la etiqueta SENSIBILIZÁMONOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SENSIBILIZÁMONOS. Mostrar todas las entradas

domingo, 4 de noviembre de 2018

¿QUÉ ES EL GROOMING?

El grooming es el acoso a través de Internet por parte de adultos hacia niños o adolescentes. Normalmente se hacen pasar por menores buscando empatizar con los niños para conseguir beneficios sexuales bien a través de imágenes o chantajes que pueden derivar en pornografía o explotación sexual.

Se puede afirmar que se trata de un tipo de abuso en el que el adulto busca persuadir al menor y crear un vínculo del que sacar provecho. 



El grooming suele seguir unas pautas:

  1. El adulto acosador estudia a la víctima para conocer sus gustos y actividades. Este contacto suele darse en las redes y usarse perfiles con fotos y vídeos falsos.
  2. Una vez establecido el contacto el adulto empieza con con el acercamiento sexual o amoroso solicitando imágenes y vídeos íntimos llegando a chantajear con la amenaza de compartir las imágenes que le han sido enviadas.
  3. Una vez ha ocurrido esto, el siguiente paso puede variar. Bien se publican las fotos desencadenando un ciberbulling o se intenta un acercamiento en persona que deriva en abusos sexuales.
Mira este vídeo para comprenderlo mejor:




El acoso no es una práctica novedosa, lo actual es que ha pasado las pantallas y ahora se inicia de una forma digital bien a través del ordenador o smartphone.
Como adultos responsables es nuestro deber enseñar a los niños y adolescentes a usar las redes. Debemos evitar estas situaciones aportando confianza a los menores y enseñándoles a ser críticos con lo que se encuentran en Internet. Algunos consejos para evitar el grooming son:

  • Ofrece confianza y respeto por el menor brindándole la posibilidad de transmitir inquietudes y dudas sobre Internet y sus usos
  • Enséñale a emplear una navegación segura. Compartid el uso de Internet en un inicio enséñandole que son las páginas seguras. Podéis crear un Entorno Personal de Aprendizaje (hablaremos de esto en próximos artículos) creando un perfil adecuado a la edad del niño o niña.
  • Es necesario que sepan que es la confidencialidad y que hagan uso de ella. Deben saber cómo y dónde usar sus datos personales o fotos y con quien compartirlos igual que también deben saber que hay personas que hacen un uso fraudulento de ellos. Esto les hará estar más alerta.
  • Como adultos, ante un caso de grooming debemos actuar. Se debe estar atento a los posibles cambios de estado de ánimo y a las conductas de los menores. En caso de sospecha se deben denunciar los hechos a la Policía Nacional o a Guardia Civil, quienes nos indicarán como actuar.
La mayor premisa es PREVENIR PARA EVITAR!


domingo, 29 de noviembre de 2015

ENTENDEMOS A VIOLENCIA DE XÉNERO CONTADA CUN CONTO

Xa pasou o día no que se conmemora a repulsa cara a Violencia de Xénero pero non quería deixar de compartir o vídeo que creamos cos pequenos para que decir NON a estas accións.

Coñecemos o conto "Nin un bikiño á forza", lémolo e explicámolo para que logo os nenos nolo contasen. 

Está creado por 30 nenos e nenas moi concienciados de que se deben respectar aos iguais e saber dicir NON.

Aquí está o resultado :)



Gravámonos cunha Gravadora de Sons de Android e montouse o vídeo co MovieMaker.




lunes, 21 de septiembre de 2015

RESPECTAMOS A DIVERSIDADE EN ATENCIÓN EDUCATIVA

Este ano dedícolle parte do horario a unha sesión de Atención Educativa en Educación Infantil.
Nestas horas vamos falar e aprender sobre a diversidade, as diferenzas e o respecto.

Comezamos as sesións co libro de Ranilda da editorial OQO para entender que debemos querernos tal e como somos.



Vamos continuar con DIFERENTES Guía Ilustrada sobre a diversidade e a discapacidade de Ponce, A. & Gallardo, M. para entender as diferenzas que nos rodean e aportar unha visión sinxela da discapacidade como algo enriquecedor e normal.

Pódese descargar pinchando na imaxe:



A diversidade está nos ollos de quen a mira.

jueves, 18 de junio de 2015

OS DE SEGUNDO RAPEAN CO AUTISMO

Os compañeiros de segundo tamén se sumaron á iniciativa de rapear polo autismo. 

A dinámica comezou coa explicación de características sobre o autismo e a visualización de cortos didácticos sobre o mesmo.

Logo, por grupos elaboraron unha frase con carga conceptual sobre o autismo que despois gravamos coa app AutoRap (pódese descargar pinchando na seguinte imaxe).



Escoitade que Rap tan xenial resultou!! (Pinchade no enlace)

viernes, 29 de mayo de 2015

RAPEAMOS SOBRE O AUTISMO

As nenas e nenos de 4º de primaria coñeceron un pouquiño máis acerca do Trastorno do Espectro Autista e as súas implicacións.

Falamos sobre as características principais dos nenos e nenas que teñen este trastorno. Vímos o vídeo de ACADEMIA DE ESPECIALISTAS e conversamos sobre as pecualiaridades coas que conviven as persoas con autismo e a importancia de darlles as axudas necesarias para facilitarlles o día a día.

Logo levamos a cabo unha tarefa para a que nos colocamos en pequenos grupos colaborativos. Cunha cartolina, un lapis, a información que obtivemos e un chisco de cretividade... Elaboramos estas oracións, todas elas relacionadas co AUTISMO.

  • Rap, movemento cultural que consiste en rapear, del autismo y el racismo hablar.
  • Liberdade e respeto polas persoas, que ninguén é máis que calquera.
  • Case toda a xente trata o autismo como unha enfermidade pero non, é un trastorno.
  • O autismo non é unha enfermidade, é un trastorno que lles provoca medo.
  • O autismo non é un problema tendeo claro por favor que é un trastorno menor.

O fin co que creamos estas oracións era deseñar un RAP coa app AUTORAP (pincha na imaxe e poderás descargala para Android).

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.smule.autorap&hl=es

Aquí tendes o espectacular RAP que os alumnos e alumnas de 4º crearon!! Pinchade no enlace e poderédelo escoitar!

RAP DO AUTISMO

Gustouvos?


 CREATIVIDADE
FONTE:   http://blog.simbolo-ic.es/creatividad-algo-de-genios/

miércoles, 6 de mayo de 2015

A DISCAPACIDADE ESTÁ NOS OLLOS DE QUEN A MIRA

Levamos unha tempada traballando as implicacións da discapacidade e para iso vimos a curtometraxe: "El circo de las mariposas" que podedes visualizar dende YOUTUBE.

Unha vez coñecida esta historia resolvimos algunhas dúbidas sobre como é a vida diaria de persoas con estas características con preguntas, fotos, vídeos e representacións.


Ademáis, propuxémonos traballar nas mesmas condicións que o protagonista do vídeo, é dicir, sen empregar as extremidades.

Mirade os resultados! Espectaculares!!

 Para elaborar esta presentación tan molona empregamos o software libre KIZOA.


lunes, 13 de abril de 2015

EXPLICAMOS O AUTISMO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Nos seguimos coa teima de coñecer o autismo.

Hoxe os pequenos de Educación Infantil tiveron unha sesión de PELO diferente, na que oíron falar por primeira vez sobre o AUTISMO e os PICTOGRAMAS.

Na primeira parte da sesión vimos un capítulo de Caillou no que o protagonista coñece a un compañeiro con TEA e debe aprender a realacionarse con el.



Logo falamos sobre o vídeo: A Andy gústanlle os lugares ruidosos? Fala moito? Prefire xogar só ou con moita xente? E así fumos coñecendo algunhas características das persoas con TEA.

Na segunda parte aprendemos o que son os PICTOGRAMAS e para que se empregan. Explicamos que os nenos con autismo teñen dificultades para entender o que se lles di e que comprenden mellor e se expresan usando esos debuxos. 

Logo xogamos a comprender frases coa seguinte PPT.




Por último, rematamos a sesión lendo un conto con pictogramas de PICTOCUENTOS.






Porque nos debemos concienciar os 365 días do ano.


jueves, 2 de abril de 2015

CONCIENCIEMONOS_DÍA 2 DE ABRIL

Día non para celebrar senon para aprender e concienciar sobre o TEA a aqueles menos sensibles co tema.  
Este ano tomo como referenza o vídeo de 'Iluminemos de azul'. Miradeo, explica as implicacions do TEA dun xeito sintético e sinxelo.




Foto de campaña de F.Autismo Diario


lunes, 9 de febrero de 2015

ÁS DE BOLBORETA - ENFERMIDADES RARAS

Hoxe escribo para recomendar un conto ben bonito sobre Nadia Nerea, unha nena cunha enfermidade das coñecidas como "raras". 

Chegou ás miñas mans por casualidade, como a maioría dos libros que acaban enchéndome de gratas sensacións. 

Pois esta pequena gran loitadora padece unha enfermidade xenética dexenerativa das máis raras do mundo, Tricotiodistrofia, tamén coñecida como "Pel de reptil", que apenas padecen unha vintena de persoas no mundo e que deteriora rápidamente o seu sistema nervioso.

No conto non nos narra as súas andainas diarias nin moito menos, senon como esa xente solidaria, esa xente con ÁS DE BOLBORETA, lle axudaron a conseguir as súa "Tarta de tempo", o regalo que Nadia quería polo seu cumpreanos.



Portada do libro "Alas de Mariposa" de Marisa López e Javier Mariscal

"Xente con as de bolboretas que, aínda que non sepan de teorías matemáticas ou de meteoroloxía, saben que o movemento dunha onda pode xerar unha gran muda" López Soria.


miércoles, 4 de febrero de 2015

EDUCAR NO EMPREGO DAS TIC

Hoxe absorviume a preocupación sobre o que algunhas persoas están a facer con toda a tecnoloxía que teñen ao seu alcance.


Dóeme ver vídeos, fotos, publicacións e demáis posts na rede que danan os dereitos e a imaxe de compañeiros e descoñecidos que teñen unha vida á marxe do que sobre eles se poida amosar.

Penso en cómo educar para que os pequenos aos que ensino e me rodean obvien ese mal uso das TIC e aprendan que son unha ferramenta magnífica para adquirir e compartir coñecementos, materiais, ideas e opinións. 

Para comezar penso que estas premisas poden dar un empuxón á reflexión sobre o emprego san da web.




"A tecnoloxía só é unha ferramenta. A xente emprega as ferramentas para mellorar as súas vidas" Tom Clancy



lunes, 12 de mayo de 2014

FILMES PARA APRENDER

Nesta entrada quero poñer a vosa disposición unha pequena compilación de películas que me resultaron interesantes para aprender acerca dalgúns tipos de diversidade funcional. Unhas son máis entretidas ca otras pero de todas aprendín.


  • DE PORTA EN PORTA
Esta película está basada nunha historia real.  En 1995, Bill Porter, tratando de seguir os pasos do seu pai, solicita traballo como vendendor, o cal consegue despois de insistir.
A súa nai é un piar fundamental na súa vida aínda que, como poderedes ver, el acadará un
nivel álxido de autonomía e independencia.

A través desta trama móstranse as dificultades diarias coas que se pode atopar unha persoa con parálise cerebral, o respeto á diversidade e a solidariedade da xente; pero tamén a irrespetuosidade, a falta de moral e o cinismo de parte da poboación. 




  • O CIRCO DAS BOLBORETAS

Cortometraxe que amosa un claro exemplo de superación persoal e empatía. Trátase dunha pequena historia acerca dos habitantes dun circo. Estes atopan a un home sen extremidades que participa nunha exibición de rarezas. Co apoio de todos os seus compañeiros e o seu afán de superación, Will logra atoparse a sí mesmo e mostrar ao mundo as súa habilidades escondidas.



  • Á FRONTE DA CLASE 
Esta película estreouse o 7 de decembro do 2008. Relata unha historia basada en feitos reais dun xoven con Sindrome de Tourette que quere ser mestre.




  • BEN X
Película belga do ano 2007 que trata sobre a historia de Ben, un adolescente con Síndrome de Asperger. Está basada na novela "Nothing was all he said" de Nic Balthazar a cal está libremente inspirada nunha historia verdadeira (o suicidio dun xoven autista acosado a morte polos seus compañeiros de clase).
Ben evádese da crueldade da realidade cotiá á que se enfronta no instituto, protagonizada por acoso e humillacións continuadas, nun videoxogo de rol, MMORPG Archlord no cal vive como un heroe.




"Fálase de integrar porque se discrimina, fálase de incluir porque se exclúe" Leonardo Caracol Farfán


martes, 1 de abril de 2014

CONCIENCIÉMONOS! 2 DE ABRIL

Mañá conmemoramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

No noso cole hai diferentes actos programados para que toda a comunidade escolar se conciencie sobre os TEA: un bonito mural feito con debuxos todos eles pintados en tonos azuis, pegatinas con motivos do día, un corazón de globos azuis...

Pola parte que me toca a min preparei unha sesión duns 30 minutos para a cal saquei vídeos e ideas do seguinte artículo de Autismo Diario: http://autismodiario.org/2014/01/02/explicando-que-son-los-trastornos-del-espectro-del-autismo-ninos-de-primaria/

Os alumnos que participan na sesión xa coñecen o autismo e asistiron a outras sesións de sensibilización. 

Comezaremos co visionado do seguinte vídeo:



Aos nenos dirémoslles: Este vídeo vainos ensinar un mundo no que se busca a perfección e o orden, donde todo está moi colocado e programado. Todo é normal ata que un neno decide saltarse as normas. Mirade!
Despois de ver o vídeo… Este neno é xoguetón, imprevisible, alegre… ¿É moi distinto a vós? Daquela podemos pensar que quen é diferente nun lugar pode ser estupendo noutro…. Entón… ¿Ser diferente é malo?

Logo propoñerémoslles o seguinte xogo: Escollemos a un dos nenos ou nenas e deixamos un bombón sobre da mesa poñemos ao rapaz ou rapaza mirando cara os seus compañeiros e proxectaremos a seguinte imaxe mentras lles decimos a todos os demáis que garden silencio:

A continuación dirixímonos ao voluntario ou voluntaria e pedirémoslle nalgún idioma que non coñeza ou mesmo inventado, que nos de o bombón. Non se fan xestos nin se sinala nada, so de xeito verbal.
Como non entenderá nada, preguntámoslle ao resto do alumnado que lle estasmos pedindo.
Esta é unha oportunidade para preguntarlle a compañeira como se sentiu mentras lle preguntábamos algo e era a única persoa que non entendía nada. Darémonos a volta e deixarémoslle que vexa a pantalla.
Nese momento explicarémoslles a todos que os apoios visuais como os pictogramas axudan á comunicación dos nenos con autismo xa que son aprendices visuais.

Logo poñeremos un novo vídeo sobre as sensacións que perciben os nenos con TEA.



Aos nenos dirémoslles: Moitos nenos e nenas con TEA teñen problemas para regular os seus sentidos ¿Cales son os sentidos?
Pois en ocasións hai sensacións, ruidos e imaxes que os poñen moi nerviosos e esto fai que o pasen realmente mal.
Miramos o video e a ver se o entendemos mellor.

Despois do vídeo: ¿Cómo vos sentistes vendo o vídeo?
As veces cun pequeno xesto como baixar o volumen ou non facer ruidos innecesarios podemos evitar o malestar dos compañeiros.

Remataremos cun vídeo relacionado coa linguaxe e a comunicación




Aos nenos dirémoslles: Para que coñezamos que non todo o mundo gusta de falar ou pode facelo vexamos que hai outros medios para poder comunicarse con eles. ¿De que outros xeitos ademáis dos que nos amosan no vídeo nos poderíasmos comunicar?

Rematamos vale? Pero antes vexamos que conclusións de todo esto que vimos. Algunhas son as seguintes:
  •       É necesario ser cuidadosos coa linguaxe que usamos cos nosos compañeiros para que todos nos entendan.
  •   Tamén é moi importante xogar de forma adecuada e evitar que se queden solos invitándoos a xogar con vos.
  •     E como non, a todos nos gusta que nos digan as cousas que facemos ben, verdade? Pois haillo que decir a todos os nosos compañeiros.
  •     Querámonos moito e respetémonos entre todos así seremos moito máis felices.



martes, 28 de enero de 2014

SENSIBILIZÁMONOS

Mañá non ven a profe de inglés! Polo que vamos aproveitar esa hora para sensibilizarnos un pouco co tema das distintas capacidades tan presentes na nosa aula.

Contarvos que o conto de "O cazo de Lorenzo" foi todo un éxito! Os nenos captaron de súpeto a idea que transmite a historia e aprenderon un montón sobre o TEA.

Mañá vamos coñecer "Por cuatro esquinitas de nada" de Jerome Ruillier. 



Aprenderemos tamén un pouco de xeometría xa que antes de ver e escoitar o conto tentaremos meter un cadrado dentro dun círculo e logo un círculo dentro dun cadrado mantendo sempre os tamaños.

Seguro que será unha experiencia enriquecedora para todos.

Remato coa seguinte cita:


"O que se lles dé aos nenos, os nenos daranno á sociedade" Menninger, Karl A.



miércoles, 11 de diciembre de 2013

ABRE O CORAZÓN E MIRA

A razón de ser deste meu blogue está nunha personiña a que acompaño no seu vo ao longo deste curso. Está diagnosticado con TEA e tal e como dixen na miña primeira entrada... "Non deixa de ser un neno".

O vídeo que vos presento nesta entrada tería que telo visto ao comezo da miña interenidade xa que me aclararía moitas das dúbidas que tiven e me acompañaron ata o día no que unha boa amiga me regalou un enlace co mesmo. Aquí volo deixo:


É moi representativo e aclaritivo. Ademáis mostra un gran exemplo de traballo con tesón e perseverancia con nenos con TEA. Pódense coller moitas ideas de materiais e recursos para levar as nosas aulas ademáis de valores e principios de traballo como aquel que di que a verdadeira inclusión valora a diversidade.

O vídeo remata cunha cita de "O principiño" de Antoine de Saint - Exupery que di:

"Só se ve ben co corazón; o esencial é invisible para os ollos"