domingo, 7 de diciembre de 2014

COÑECEMOS AO APALPADOR

Para rematar o primeiro trimestre e dar a benvida á noite do 24 de decembro vamos coñecer ao Apalpador, personaxe emblemática das montañas do Courel. 

Para iso imos leer o conto de "Antón e o Apalpador". Podemos ver parte deste conto online no seguinte enlace:




Logo da lectura do conto faremos as actividades dos seguintes LIM. Dependendo da idade dos alumnos faremos unhas ou outras xa que a dificultade das mesmas varía. 





Tamén traballaremos con este outro LIM do Apalpador. Nel cóntase o conto do Apalapador de Xoan G.




"No Nadal chega o Apalpador e tráenos agasallos, castañas e ilusións para todos!"



XOGAMOS COAS LETRAS E AS SÍLABAS

Porque nos gusta aprender empregando o ordenador e a PDI, buscamos algunhas aplicacións e xogos que usar para traballar a lecto - escritura a través das palabras:


Estos primeiros enlaces lévannos a xogos para traballar coas LETRAS das palbras:


  • FORMAMOS PALABRAS EVOCANDO O VOCABLO.


  • LETRAS EN ORDEN: discriminar e seleccionar as letras da palabra arriba indicada seguindo  a orde adecuada. 


  • TALLER DE PALABRAS: ordea as letras dadas para formar distintas palabras.



  • O AUTOBÚS DAS PALABRAS: formar palabras da lonxitude indicada.



Os enlaces que se amosan a continuación lévannos a xogos que traballan cun nivel superior dentro da palabra cas letras, as SÍLABAS.

  • ANIMAPAKA: unir a segmentación dunha palabra para atopar o nome dun animal.


  • XOGO DAS SÍLABAS: xogo para unir sílabas atendendo á referenza visual.

  • SÍLABAS EXTRAÑAS: selecciona as sílabas axeitadas para formar unha palabra.


  • ORDEA: xogos para ordear sílabas e seleccionalas. Inclúe algún de estructuración sintáctica.


O OUTONO

A estación das cores marróns e amarelas e das castañas está chegando a sua fin.

Na aula de Audición e Linguaxe quixemos facerlle unha homenaxe e para iso elaboramos este mural. 




Para dalo feito decoramos unhas castañas que previamente empregamos como "castañas dictado":


 Como "castañas de discriminación auditiva" (neste caso traballando o /s/):



E outras castañas que fomos decorando mentras traballabamos a escritura dos nosos nomes.



Como non, tamén aprendimos e desfrutamos cunha cancionciña moi rapera ... O RAP DO MAGOSTO,  de BrincaVai. 








domingo, 23 de noviembre de 2014

TRASTORNO ESPECÍFICO DA LINGUAXE

Onte acudín ás III Xornadas de Atención á Diversidade promovidas polo CAFI en Santiago de Compostela.

Foron moitos os recursos e as ideas que ofreceron os diferentes poñentes.

Entre elas atópase a GUÍA PARA A INTERVENCIÓN NO ÁMBITO EDUCATIVO NOS TRASTORNOS ESPECÍFICOS DA LINGUAXE, elaborada por ATELGA.

Espero que vos sirva de axuda, aquí vos deixo o enlace.




Queda de xeito permanente en UTILIDADES.


"Un mundo que empuja al silencio" Cuento de Catalina Hernández Ardila


jueves, 30 de octubre de 2014

REMATAMOS O SAMAÍN NO COLE CUN MURAL

E o prometido é deuda...

Así quedou o noso mural!






Trátase dun mural de sopro!! 

Contámosvos, con pintura augada fumos soprando e quedáronnos unhas manchas ás que, a través da imaxinación lle fomos dando sentido, así temos, un morcego, unha pantasma e uns monstruos moi monstruosos!!!


As pantasmas que colgamos con cadeas son materiais elaborados con rolos de papel hixiénico. Empregámoslos para soprar através deles e mover os papeis para dar sustos terroríficoss! 



Tamén inchamos globos e debuxamos neles caras que nos asustan moito!

Tamén aprobeitamos o mural para expoñer uns contos de medo que elaboramos co recurso web exposto na entrada CREAMOS A NOSA PROPIA HISTORIA e para escribir cales son os nosos medos.



E así rematamos o Samáin no cole!




jueves, 23 de octubre de 2014

ACTIVIDADES PARA O SAMÁIN

Encántanos o Samaín, a FESTA DO MEEDOO!!

Hoxe fixemos unha morea de actividades con motivos terroríficos e aquí vos deixamos algunhas delas. 










Darémosvos unha sorpresa de medo cando rematemos o mural do Samáin que temos entre mans... 



miércoles, 22 de octubre de 2014

TRABALLAMOS O RITMO CO SAMAÍN

Temos como algúns dos nosos obxectivos de intervención exercitar a estructuración rítmica, a atención e aumentar o noso vocabulario. Que mellor forma de facelo que a través dunha canción e se é do Samaín... Mellor!




Nun principio aprenderemos o retrouso da canción e cantarémolo ao par da melodía.

Que emoción! A ver que ben nos queda! :)



"Samaín, o misterio chega co Samáin.
as cabazas, os morcegos, bruxas polo ceo
O misterio chega co Samáin".


martes, 21 de octubre de 2014

VOCABULARIO... O COLEXIO

Continuamos coa andaina polo mundo galego. 

Hoxe aprenderemos algún vocabulario necesario para as rutinas diarias no colexio. Así traballaremos con algúns materiais que nos rodean na aula.

Para iso creamos o seguinte crucigrama que poñerá a proba todo o que nós sabemos sobre este vocabulario.

Para elaboralo empregamos o creador que nos ofrece o seguinte enlace http://www.dibujosparapintar.com/juegos_crucigramas/crear


A xogar!





viernes, 17 de octubre de 2014

SOPA DE NÚMEROS

Seguimos aprendendo galego!

Hoxe vai de números a cousa.
Esta sopa de letras elaborouse a través dun creador gratuito que se pode atopar no seguinte enlace: http://www.dibujosparapintar.com/sopas_de_letras/crear.

Vamos darlle que facer a nosa atención buscando os números do 1 ao 12 entre esta maraña de letras.





jueves, 16 de octubre de 2014

DE NÚMEROS E CORES. APRENDO VOCABULARIO EN GALEGO

Estamos sumerxíndonos na fala galega e para aprender a nosa lingua necesitamos de moreas de actividades que nos axuden a comprendela e interiorizala.

Por este motivo comparto este BrincaLetras con números e cores galegas. 







lunes, 13 de octubre de 2014

PRAXIAS e CRECABEZAS PIRATAS

Este curso, os alumnos de 5 anos son Piratas!

Eles xa coñecen a Piratín, un amigo meu que é pirata dende ben pequeno e nos presenta as actividades do Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (PELO).




Mañá Piratín vailles ensinar a facer ximnasia coa boca partindo das fotos dun feroz neno pirata.







Mañá tamén vamos resolver un crebacabezas coa fotografía de Piratín. Este vai ser o premio dun concurso pirata de adiviñanzas que fixemos na sesión anterior do PELO.

Para poder facelo entre todos empregando a PDI empragaremos un recurso que nos ofrece a web CREBACABEZAS ONLINE para o que so necesitamos elexir a foto que desexamos e o número de pezas que queremos.




sábado, 11 de octubre de 2014

PRAXIAS COS PITUFOS

Acabo de quedar super contenta ao atopar en EL BLOG DE LOS MAESTROS DE AUDICIÓN Y LENGUAJE unha presentación con praxias protagonizadas polos Pitufos. 

Vouno empregar no Programa de Estimulación da Linguaxe do grupo de 4 de anos de este ano xa que ten como centro de interés a estas pequenas persoaxes azuis.

Compartoo.


CREAMOS A NOSA PROPIA HISTORIA

Estamos mellorando a nosa escritura e que mellor maneira de facela que creando a nosa propia historieta?
Eleximos os protagonistas, o escenario e a música que máis nos guste de entre todo o que Pancho na aplicación nos ofrece.
Podemos poñerlle o título que queiramos e o noso nome como autores da mesma.


A aplicación permite fomentar a nosa creatividade, aprender a elexir e entrenar os procesos involucrados na escritura dun xeito lúdico e motivador.
O feito de non poder gardar a historieta enteira é algo mellorable no empregro deste recurso. Nós crearemos os nosos contos e tentaremos gardalas con capturas de pantalla.


"A creatividade amplia todos os límites

sábado, 4 de octubre de 2014

PIRATÍN E AS SÚAS ANDAINAS

Este curso vamos ter a un amiguiño moi especial na aula de Audición e Linguaxe, protagonista tamén de un dos Programas de Estimulación da Linguaxe en Infantil que vos irei mostrando.

Preséntovos a Piratín, o noso intrépido pirata! Este pequeno bucanero ten moitos amigos que iremos coñecendo ao longo do curso. 




El vainos guiar por países e mares que descoñecemos e vainos propoñer actividades un pouco enrevesadas e algo complexas que tomaremos como un reto para aprender.


De primeiras, hoxe Estreliña, unha amiga de Piratín pídenos axuda para poder ler unha carta que recibiu a nome do pequeno pirata. As palabras están todas unidas e non entende nadiña nadiña... O correo dende os mares éche un pouco movidiño e xuntou unhas palabras con outras.


Os nenos van ter que descifrala e axudarlle a Estreliña a escribila de novo para que lle poida contestar a Piratín.

Esta é a primeira actividade:





"En tempos de cambio, quenes estén abertos á aprendizaxe faranse donos do futuro" Eric Hoffer.




domingo, 28 de septiembre de 2014

ERRE QUE ERRE

Vou comezar as entradas deste novo curso cun recurso online que presenta moitas posibilidades, o BrincLetras

Esta ferramenta permite múltiples formatos e pódese empregar dende todas as áreas e para infinidade de intervencións.

Na aula das Bolboretiñas de Audición e Linguaxe vamos traballar o fonema /rr/ dende o ordenador, xogando a adiviñar palabras.

Pincha na imaxe para ver a actividade.





"A linguaxe é o vestido dos pensamentos" Samuel Johnoson


miércoles, 13 de agosto de 2014

¿ANTICIPAR CON APOIO VISUAL OU SEN EL EN TEA?

Todos aqueles que leechedes "La razón por la que salto" saberedes porqué me cuestiono o feito de anticipar as accións que se van a levar a cabo cos alumnos con TEA mediante apoio visual a pesar de ser unha das medidas que se presume que hai que levar a cabo dende un principio, de modo xeral, con todo o alumnado con estas características.

Sóese decir que as persoas con TEA son “pensadores visuais", feito polo que debemos favorecer a vía con ese nome. Con respecto a isto en AUTISMO DIARIO.ORG escribiuse o seguinte:

"Estas estrategias cuentan con algunas ventajas como la predictibilidad, ayudando a disminuir la ansiedad y las conductas desafiantes; la estabilidad, es una información que permanece en el tiempo, más que las palabras que se esfuman; ayudan a las personas con TEA a organizar la información, dando una estructura más comprensible; y con todo esto, aumentan las probabilidades de lograr una mayor autonomía".

En contraposición a isto atopase a opinión de Naoki, autor do libro anteriormente citado, a quen se lle pregunta en determinado momento do libro, "¿Necesitades ter horarios e calendarios con reforzos visuais?"

Resposta textual de Naoki: "no soy un gran amante de tener calendarios y horarios por todas partes. (...) Los calendarios visuales nos crean una impresión tan fuerte que, si se produce un cambio, nos domina la frustración y el pánico. Hacernos observar que el nuevo cambio también puede figurar en el calendario no sirve de nada, me temo. (...) En mi caso acabo mirando la hora tan amenudo que ya no disfruto de lo que hago."

Tamén nos di que para entender instruccións ou para seguir a orden de determinadas acción as guías visuais si lle son de axuda.
Como metodoloxía alternativa aos horarios e calendarios visuais danos a palabra falada, explicar de xeito oral o que se vai facer. Di que pode ser un medio máis lento pero que á larga resulta máis eficaz.

Esta é unha cuestión que deixo aberta xa que ata o de agora apostei pola vía visual en lugar de polas explicacións orais pero ben é certo que os nenos con TEA sofren seriamente os cambios en tarefas programadas polo que se pode considerar seguir metodoloxías alternativas para tentar diminuir os ataques de pánico que se lle ocasionan.





"Y cuando la esperanza brille en todo el mundo, nuestro futuro quedará conectado con el vuestro. Esto es lo que yo deseo, por encima de todo" Naoki Higashida.


viernes, 11 de julio de 2014

LECTURAS PARA APRENDICES VISUAIS

Igual que nós temos as nosas lecturas veraniegas os peques da casa tamén deberían ter as súas ;)

En  http://www.aprendicesvisuales.com/cuentos/ hai unha selección de contos online pensados e deseñados para nenos con TEA. Presentan unha estructura sinxela que emprega pictogramas facilitándolles con eles a correcta comprensión. Nesta páxina recóllense dúas coleccións de libros distintas:
  • A COLECCIÓN APRENDE que recólle 5 libros que ensinan autocuidados, rutinas e emocións aos pequenos impulsando a aprendizaxe de habilidades básicas.
  • A COLECCIÓN DISFRUTA na que se atopan 6 contos que narran historias orixinais de aventuras.

Gústame este recurso web para empregar na tableta. Con ela os nenos poden ir pasando as páxinas do conto dun modo interactivo e involucrarse de xeito activo na lectura.

Aprendices Visuales publicou os contos da Colección Aprende nunha aplicación gratuita pero so para iPad e iPhone (deixo un enlace directo á descarga pinchando na imaxe de abaixo).


Na aplicación os contos son interactivos e inclúen narrador para as historias, pictogramas táctiles e ilustracións interactivas. Os contos pódense ir lendo de xeito independente ou realizar unha lectura automática. A aplicación permite tocar as imaxes e reproducir os pictogramas de xeito independente, activar e desactivar a música de fondo á vez que a voz do narrador.

Remato esta entrada cuns consellos para as vacacións que nos ofrencen dende Doble Equipo. Espero que vos sexan útiles ;)





jueves, 3 de julio de 2014

LECTURAS DE VERÁN

Onte din comezo as miñas lecturas de verán. Para elo elexín un libro que tiña na miña lista de pendentes dende non hai moito.
Unha tarde revisando o meu Twitter (@Erica_OPardo) fixeime nun reseña que José Antonio Fraga facía a un libro, é decía así: "primeiras páxinas de "La razón por la que salto" de Naoki Higashida... a voz dun neno dende o silenzo do autismo".

Estas primeiras palabras comezan cunha introducción escrita por David Mithcell, pai dun neno autista:


No que levo lido ate o de agora fun atopando resposta a preguntas que día tras día me fixen ao longo do curso pasado como: ¿preferides estar sós?, ¿por qué razón saltades?, ¿por qué vos tomades tan a peito equivocacións sen importancia?, cando vos da un ataque de risa ¿qué vos pasa pola cabeza?

No seguinte enlace podedes continuar lendo as primeiras páxinas deste libro que recomendo enormemente por acercarnos aos sentimentos, emocións, pensamentos e á realidade vivida en primeira persoa dun neno de tan só 13 anos diagnosticado de TEA en grado severo.


Portada del libro "La razón por la que salto" de Naoki Higashida

Tamén vos deixo unha entrevista a David Mitchell, recollida en Autism Speakers:



"La razón por la que salto" es como un mazazo que abre un boquete en la pared de esa cárcel" David Mitchell


jueves, 19 de junio de 2014

FIN DUNHA ETAPA

Mañá remata o curso e con él unha etapa chea de aprendizaxes, esperanzas, logros e infinidade de momentos para lembrar. 
Dou as grazas a todos os que confiachedes en min e creechedes no meu traballo.


Esto non é un ata sempre senon un ata logo. Eu aquí seguirei con este proxecto que decidín emprender grazas as circunstancias coas que topei. 
Continuarei aprendendo dos meus alumnos tentando ofrecerlles o mellor de min e seguirei compartindo estas aprendizaxes con todos vós.


"No llores porque se terminó... sonríe porque sucedió" Antonio Machado




miércoles, 18 de junio de 2014

APLICACIÓN TABLET PARA EXERCITAR A ATENCIÓN

Sigo coa búsqueda de aplicacións que se poden empregar na tablet para exercitar a nosa atención.
Orientación Andujar lanzou a súa primeira aplicación pensada para mellorar a atención dos alumnos e así influir positivamente no rendemento académico dos mesmos e en todo tipo de aprendizaxes en xeral.







"Se buscas resultados distintos non fagas sempre o mesmo." Albert  Einstein


martes, 17 de junio de 2014

MÁIS APLICACIÓNS TABLET PARA EXERCITAR A ATENCIÓN

A pesares de estarmos finalizando o curso a tablet segue sendo o noso filón de traballo xa que nos axuda a manter a atención durante máis tempo e ademáis motívanos moito.

Comezamos a empregar estas dúas aplicacións:


En Match it Up as tarefas que se propoñen requiren que se escolla e se asocie a figura que encaixe coa que se atopa no centro.


En Camp Discovery o reforzo oral dánnolo en inglés pero as tarefas son sinxelas e moi apropiadas para nós.
Ao abrir a aplicación por primeira vez elaboramos un usuario e comezamos a xogar. No primeiro panel entramos en Camp Discovery e unha vez ahí en Objects. Empezamos no primeiro nivel e xogamos con calquera das actividades ahí propostas. Con elas unimos debuxos iguais.


"A educación debe ser unha proposta de formación integral do suxeito como ser humano" Manuel Area



jueves, 12 de junio de 2014

PANEL PARA XOGAR

Dende fai un tempo a esta parte estamos a traballar na aula cun panel moi simple que empregamos para pedir a actividade coa que desexamos xogar.

Para a súa elaboración empregamos os pictogramas de ARASAAC e fotografías reais dos obxetos propostos. 

Estanos a ser moi útil á par que eficaz.

Este é o noso panel:



"Los resultados extraordinarios son la suma de pequeñas acciones en una única dirección" Cesar Piqueras

lunes, 26 de mayo de 2014

TALLER DE LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

A Federación de Asociacións de Persoas sordas de Galicia ofrece durante os meses de xuño e xullo talleres de Lingua de Signos Española.

Son 35 horas de formación distribuidas en 10 sesións. Ofrécese nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. O nivel que se aprende nestes talleres é o Nivel Usuario Básico A1.1

No seguinte enlace pódese atopar toda a información ao detalle sobre os mesmos e o xeito en que hai que inscribirse:





"Ensináronme que o camiño ao progreso non é rápido nin fácil" Marie Curie




viernes, 23 de mayo de 2014

MÉTODO XESTOS PARA OS FONEMAS

Levamos un tempo probando un método non moi innovador xa que ten os seus anos pero que, neste caso, nos pode resultar útil para a intervención na escritura. Este é o MÉTODO XESTOS PARA OS FONEMAS de Pilar Fernández García.

Sabemos escribir o noso nome pero queremos ir máis alá e aprender a escribir novas palabras.

Este método énos de gran axuda xa que emprega un apoio visual para discriminar os grafemas e fonemas. Cada fonema ten un signo asociado o que nos permite estimular varios sentidos ao mesmo tempo na aprendizaxe da escritura, tendo en conta o importante que é o apoio visual nos nenos con TEA.



Nós comezamos coas letras do nome propio para logo ir formando novas palabras.
Tamén o empregamos para aprender escritura no teclado do ordenador.



"Aprender é como remar contra corrente, en canto se deixa retrocédese" Edward Benjamin Britten.



lunes, 12 de mayo de 2014

FILMES PARA APRENDER

Nesta entrada quero poñer a vosa disposición unha pequena compilación de películas que me resultaron interesantes para aprender acerca dalgúns tipos de diversidade funcional. Unhas son máis entretidas ca otras pero de todas aprendín.


  • DE PORTA EN PORTA
Esta película está basada nunha historia real.  En 1995, Bill Porter, tratando de seguir os pasos do seu pai, solicita traballo como vendendor, o cal consegue despois de insistir.
A súa nai é un piar fundamental na súa vida aínda que, como poderedes ver, el acadará un
nivel álxido de autonomía e independencia.

A través desta trama móstranse as dificultades diarias coas que se pode atopar unha persoa con parálise cerebral, o respeto á diversidade e a solidariedade da xente; pero tamén a irrespetuosidade, a falta de moral e o cinismo de parte da poboación. 




  • O CIRCO DAS BOLBORETAS

Cortometraxe que amosa un claro exemplo de superación persoal e empatía. Trátase dunha pequena historia acerca dos habitantes dun circo. Estes atopan a un home sen extremidades que participa nunha exibición de rarezas. Co apoio de todos os seus compañeiros e o seu afán de superación, Will logra atoparse a sí mesmo e mostrar ao mundo as súa habilidades escondidas.



  • Á FRONTE DA CLASE 
Esta película estreouse o 7 de decembro do 2008. Relata unha historia basada en feitos reais dun xoven con Sindrome de Tourette que quere ser mestre.




  • BEN X
Película belga do ano 2007 que trata sobre a historia de Ben, un adolescente con Síndrome de Asperger. Está basada na novela "Nothing was all he said" de Nic Balthazar a cal está libremente inspirada nunha historia verdadeira (o suicidio dun xoven autista acosado a morte polos seus compañeiros de clase).
Ben evádese da crueldade da realidade cotiá á que se enfronta no instituto, protagonizada por acoso e humillacións continuadas, nun videoxogo de rol, MMORPG Archlord no cal vive como un heroe.




"Fálase de integrar porque se discrimina, fálase de incluir porque se exclúe" Leonardo Caracol Farfán


miércoles, 7 de mayo de 2014

PRAXIAS COA TABLETA

Ata o de agora e dende que comezamos o curso fixemos praxias bucofaciais mirándonos ao espello e poñendo as caras que uns amigos nos mostraban dende unhas tarxetas, imitándonos a nós mesmos e xogando.
Hoxe probamos unha nova metodoloxía, empregar a tableta para facer praxias. Para iso descargamos a aplicación MOGGY SPEAK.


Trátase dunha aplicación, tanto para tableta como para móbil, que ten como finalidade a estimulación da linguaxe a través de xogos. Inclúe xogos para:
  • Estimular o control da respiración e exercitar o soplo,
  • Mellorar a expresión verbal e o aumento de vocabulario básico e 
  • Realizar praxias bucofaciais.
No que a práxias se refire resulta moi divertido xogar con esta aplicación xa que grazas á cámara frontal vémonos na pantalla mentras imitamos os movementos que Moogy nos propón. 

No seguinte enlace explícase como se xoga a exerticar a musculatura bucofacial e o resto das actividades que compoñen esta aplicación: MOOGY SPEAK.

O uso da tableta está sendo un éxito!


"Los bosques serían demasiado silenciosos si sólo cantaran los pájaros que mejor lo hacen" Rabindranath Tagore.




lunes, 5 de mayo de 2014

EMPREGO DA TABLETA

Hoxe iniciámonos no emprego da tableta. Foi unha experiencia moi gratificante xa que, aínda que nun comezo non nos entendíamos moi ben cos movementos que había que facer sobre ela, según foi avanzando a sesión estas dificultades foron indo a menos ata chegar a desaparecer.

A aplicación que empregamos para iniciarnos conleva a exercitación da atención visual e o aumento do vocabulario referente á figuras xeométricas e outras. Está composta por tres xogos educativos diferentes:

  • Facer coincidir coa forma máis adecuada,
  • Elexir a figura,
  • Atrapar todas as formas cos estímulos en movemento.

Realmente a importancia da actividade de hoxe radica na introducción da tableta como un recurso máis e aprender a manexala.

A aplicación que empregamos tamén se pode descargar en teléfonos Android. Búscase na Play Store como "Juegos para niños: formas".

Pinchando sobre da imaxe da aplicación pódese descargar.



"En cuestiones de cultura y saber, solo se pierde lo que se guarda, sólo se gana lo que se da" Antonio Machado


sábado, 26 de abril de 2014

AS TABLETS NO ENSINO E NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Esta fin de semana celebráronse as Xornadas das Tablets no ensino e na atención á diversidade. Foron moitas as ideas e os recursos que delas saquei.

A que hoxe quero compartir con vós é a aplicación gratuita para tabletas, ordenadores e pizarras dixitais SÍGUEME.

SÍGUEME está diseñada para potenciar a atención visual e entrenar a adquisición do significado a través de significantes visuais especialmente en persoas con trastrorno do espectro autista.

Componse de seis fases: atención, vídeo, imaxen, debuxo, pictograma e xogos; con diferentes niveis en algunhas delas. 
Tamén da a opción de 3 tipos de interacción coas actividades: só mirar mentras se suceden as accións, tocar para dar resolución ás actividades e mover os elementos pola pantalla para así resolver as tarefas.

Un punto forte da aplicación é contar coa posibilidade de personalizar os contidos eliminando e cambiando os diferentes elementos dos que se compón.

Dende a seguinte fotografía pódese descargar a aplicación para os diferentes sistemas operativos.




Ao longo deste último trimestre vamos tentar o uso desta aplicación na aula xa que está especialmente recomendada para as intervencións en nenos que aínda non teñen acceso á lecto - escritura.
Comezaremos no nivel 1 da fase de Atención personalizando os taboleiros cos intereses do alumno, seguramente sexan alimentos. 

Un elemento que me quedaba por comentar e me parece moi importante pola relavancia que ten para controlar a evolución do neno é a posibilidade de AVALIAR as actividades que se lle propoñen. 

No mesmo enlace de descarga pódese atopar o Manual de Usuario.


"Si siembras un pensamiento, cosecharás un acción. Si siembras una acción, cosecharás un hábito. Si siembras un hábito, cosecharás un carácter. Si siembras un carácter, cosecharás un destino" Samuel Smiles



jueves, 24 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Onte celebrouse o Día Internacional do Libro e por iso quixen publicar esta entrada pero foime imposible no seu momento polo que o fago agora.

Teño moitas ganas de compartir o apaixonante que me resultuou a historia que narra "El jinete del silencio" de Gonzalo Giner.

 


Trátase dunha novela que conta a vida dun neno con TEA na España do Século XV. Na narración conflúen historias moi distintas que enganchan ao lector por se relacionaren todas entre sí ben por unha trama ou polas singulares personaxes que nelas figuran. 
A novela permítenos seguir as andainas de Yago, o protagonista, dende que nace. Tamén nos leva a vivir os seus medos e a sufrirmos as torturas e vexacións que padece. Así mesmo coñecemos o que entrañan os seus pensamentos, o como vive os sentimentos que nel afloran e a entrañable relación que o une cos cabalos, animais que son o fío conductor da novela.


Remato cunha recomendación de Julia Navarro  "El jinete del silencio será recordada por la emoción que contiene, por sus protagonistas inolvidables y por las bellísimas enseñanzas que encierra. ¡No se la pierdan!" sacada de http://www.casadellibro.com/libro-el-jinete-del-silencio/9788484609902/1847636