miércoles, 2 de diciembre de 2015

VIAXE AO ESPACIO EN COMIC

Este ano estamos a traballar o comic como un proxecto interdiciplinar a nivel de centro.

Pois nos quixemos adestrar a nosa competencia lecto - escritora partindo do mesmo e empregamos o software online PIXTON para crear un comic!

Este trata sobre unha viaxe á lúa dun astronauta mooi especial!! 

A ver se vos gusta :)

lunes, 30 de noviembre de 2015

O NADAL NO MUNDO

Sabemos que a celebración do nadal é unha data moi esperada por todos.

Pois vamos aprender un pouquiño sobre as peculiaridades do nadal nalgúns países do mundo. Para saber máis abride este libro en 3D e investigade sobre o nadal en España, en Xapón e en Islandia!!

Xa me contaredes que apréndechedes :)



A diversidade tamén se observa nas costumes das diferentes culturas!


domingo, 29 de noviembre de 2015

ENTENDEMOS A VIOLENCIA DE XÉNERO CONTADA CUN CONTO

Xa pasou o día no que se conmemora a repulsa cara a Violencia de Xénero pero non quería deixar de compartir o vídeo que creamos cos pequenos para que decir NON a estas accións.

Coñecemos o conto "Nin un bikiño á forza", lémolo e explicámolo para que logo os nenos nolo contasen. 

Está creado por 30 nenos e nenas moi concienciados de que se deben respectar aos iguais e saber dicir NON.

Aquí está o resultado :)



Gravámonos cunha Gravadora de Sons de Android e montouse o vídeo co MovieMaker.




domingo, 8 de noviembre de 2015

DIVERSIDADE, UNIVERSO DIXITAL E INCLUSIÓN

O 11 e 12 de decembro temos unha cita con TADEGA no seu IV Congreso TADEGA: DIVERSIDADE, UNIVERSO DIXITAL E INCLUSIÓN.

Aínda está aberto o prazo de inscrición! Animádevos! 


Pinchando na imaxe accededes á web da Asociación para coñecer o programa.


"APRENDER PARA ENSINAR" 
Bolboretas que voan no vento

BINGO DE SONS ANIMAIS

Xa vos falei dalgún proxecto do cole no que andamos artellando ideas.

Pois ben! Nun deles estamos coñencendo a Xiana, una nena que vive no País das Palabras e que ten algúns que outros segredos... 

Esta semana emprestounos o seu libro de conxuros e a semana pasada tivemos que axudarlle a identificar uns sons que para nos son ben coñecidos pero cos que ela tiña algún que outro problemiña...

Para lle axudar xogamos ao BINGO DOS SONS ANIMAIS!
Tíñamos que ir pintando os debuxos dos animais que ían soando... Resultounos mooi divertido.

Pinchando na imaxe podemos descargar os cartóns que empregamos:



E facendo click na seguinte imaxe poderedes escoitar os sons que nos usamos para xogar:




Espero que disfrutedes deste bingo tanto coma nos  ;)




lunes, 21 de septiembre de 2015

RESPECTAMOS A DIVERSIDADE EN ATENCIÓN EDUCATIVA

Este ano dedícolle parte do horario a unha sesión de Atención Educativa en Educación Infantil.
Nestas horas vamos falar e aprender sobre a diversidade, as diferenzas e o respecto.

Comezamos as sesións co libro de Ranilda da editorial OQO para entender que debemos querernos tal e como somos.



Vamos continuar con DIFERENTES Guía Ilustrada sobre a diversidade e a discapacidade de Ponce, A. & Gallardo, M. para entender as diferenzas que nos rodean e aportar unha visión sinxela da discapacidade como algo enriquecedor e normal.

Pódese descargar pinchando na imaxe:



A diversidade está nos ollos de quen a mira.

domingo, 6 de septiembre de 2015

ORGANIZAMOS AS INTERVENCIÓNS!

Para comezar o curso, ben sabemos os mestres de Audición e Linguaxe que necesitamos ter diferentes documentos nos que recoller toodos os datos dos nosos nenos e nenas e organizar con eles as intervencións.

Aquí vos deixo tres documentos que podedes descargar pinchando na imaxe:


  • Rexistro de alumnos de Audición e Linguaxe.
  • Programación diaria de aula.
  • Ficha de seguimento en avaliacións trimestrais.



Persigamos intervencións de calidade!



BENVIDA AO CURSO 2015 - 2016

Novo curso, novas caras, novos retos e... renovamos o blog!!

O comezo deste curso inspírame boas vibras :) 
Teño un par de proxectos en mente, un deles relacionado co Programa de Estimulación da Linguaxe en Educación Infantil e outro, no que me inmiscuiron de pleno os compis, sobre o Proxecto Lector.

Para comezar cos cambios do blog creei o meu propio avatar coa ferramenta online CREA UN AVATAR, se pinchades na fotografía lévavos á dirección web.



Esta ferramenta formará parte dos recursos que empregaremos no PELO ;) 

Como non podía ser menos este ano abrimos o curso coa canción que me resulta máis motivadora para elo... "Adelante por los sueños que aún nos quedan, adelante por aquellos que están por venir... Adelante porque no importa la meta..."


ADIANTE CO NOVO CURSO!! :)



jueves, 18 de junio de 2015

OS DE SEGUNDO RAPEAN CO AUTISMO

Os compañeiros de segundo tamén se sumaron á iniciativa de rapear polo autismo. 

A dinámica comezou coa explicación de características sobre o autismo e a visualización de cortos didácticos sobre o mesmo.

Logo, por grupos elaboraron unha frase con carga conceptual sobre o autismo que despois gravamos coa app AutoRap (pódese descargar pinchando na seguinte imaxe).



Escoitade que Rap tan xenial resultou!! (Pinchade no enlace)

lunes, 1 de junio de 2015

FOTO - ABECEDARIO

Hoxe rematamos o noso abecedario!!! 


Levounos tempo facelo porque tivemos que pensar, debatir e fotografiar cousas que comezasen  por cada unha das letras do abecedario galego (nalgúns casos que contivesen)!

O proceso a seguir foi o seguinte:

  • Fumos pensando palabras que comezasen por cada unha das letras do abecedario que poidésemos atopar polo cole adiante. Cando non nos saía ningunha saímos a tentar buscar algunha. 

  • Logo escribímolas nun folio e despois recorremos case todas as clases do cole na procura deses obxectos: a de música, o salón de actos, o comedor, a aula de Audición e Linguaxe... e ate sacamos fotos no mesmiño corredor. 



  • Tamén tivemos que escribir as letras do abecedario, unha en cada folla do PowerPoint e darlle formato!

  • Por último fomos colocando cada foto xunto coa letra que lle correponde.



Non foi sinxelo, pero o que aprendemos e o resultado mereceu a pena! 



A ver se vos gusta :)


viernes, 29 de mayo de 2015

RAPEAMOS SOBRE O AUTISMO

As nenas e nenos de 4º de primaria coñeceron un pouquiño máis acerca do Trastorno do Espectro Autista e as súas implicacións.

Falamos sobre as características principais dos nenos e nenas que teñen este trastorno. Vímos o vídeo de ACADEMIA DE ESPECIALISTAS e conversamos sobre as pecualiaridades coas que conviven as persoas con autismo e a importancia de darlles as axudas necesarias para facilitarlles o día a día.

Logo levamos a cabo unha tarefa para a que nos colocamos en pequenos grupos colaborativos. Cunha cartolina, un lapis, a información que obtivemos e un chisco de cretividade... Elaboramos estas oracións, todas elas relacionadas co AUTISMO.

  • Rap, movemento cultural que consiste en rapear, del autismo y el racismo hablar.
  • Liberdade e respeto polas persoas, que ninguén é máis que calquera.
  • Case toda a xente trata o autismo como unha enfermidade pero non, é un trastorno.
  • O autismo non é unha enfermidade, é un trastorno que lles provoca medo.
  • O autismo non é un problema tendeo claro por favor que é un trastorno menor.

O fin co que creamos estas oracións era deseñar un RAP coa app AUTORAP (pincha na imaxe e poderás descargala para Android).

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.smule.autorap&hl=es

Aquí tendes o espectacular RAP que os alumnos e alumnas de 4º crearon!! Pinchade no enlace e poderédelo escoitar!

RAP DO AUTISMO

Gustouvos?


 CREATIVIDADE
FONTE:   http://blog.simbolo-ic.es/creatividad-algo-de-genios/

miércoles, 13 de mayo de 2015

DICIONARIO VISUAL DO "L"


Mirade que collage máis precioso fixeron os nenos de 5 anos mentras xogaban co son /l/!

Para facelo primeiro tivemos que pensar en palabras que comezasen por ese son, logo debuxámolos para, ao final sacarlle cada quen unha foto ao seu debuxo.

Para obter este resultado empregamos o xa coñecido software KIZOA, pero esta vez coa intención de elaborar un collage.

Cada un colocou a súa foto onde quixo e escribiu o nome do que representa.

Atopámonos cun problema á hora de escoller a cor do fondo, non nos poñíamos dacordo!
Polo que tivemos que aprender a dar razóns para convencer aos compañeiros de que a cor que cada un elexía era a máis adecuada para o collage. Como vedes, gañou o azul!





miércoles, 6 de mayo de 2015

A DISCAPACIDADE ESTÁ NOS OLLOS DE QUEN A MIRA

Levamos unha tempada traballando as implicacións da discapacidade e para iso vimos a curtometraxe: "El circo de las mariposas" que podedes visualizar dende YOUTUBE.

Unha vez coñecida esta historia resolvimos algunhas dúbidas sobre como é a vida diaria de persoas con estas características con preguntas, fotos, vídeos e representacións.


Ademáis, propuxémonos traballar nas mesmas condicións que o protagonista do vídeo, é dicir, sen empregar as extremidades.

Mirade os resultados! Espectaculares!!

 Para elaborar esta presentación tan molona empregamos o software libre KIZOA.


martes, 5 de mayo de 2015

PALABRAS CON "R".COM

Presentámosvos o resultado dun divertido traballo de discriminación do fonema /r/ que fixemos polo cole adiante.

O primeiro paso foi visitar diferentes estancias do edificio como a aula de Música, o salón de actos, a mesma aula de Audición e Linguaxe e o pasillo buscando cousas que contivesen o fonema /r/ no seu nome. Logo, coa cámara da tableta, fotografiámolas. 

Para rematar empregamos o software libre de Tripadvisor para crear esta divertida presentación.

Esperamos que vos guste tanto como a nos! :)



lunes, 27 de abril de 2015

CARTAS A PIRATÍN DENDE O BLOG!

Como xa vós contei en entradas anteriores, este ano seguimos un fio conductor nas sesións de Audición e Linguaxe. O pirata Piratín mándanos cartas, envíanos ideas, recoméndanos xogos...

Pois a correspondencia con Piratín non cesa. 

Esta vez decidimos empregar o ordenador como medio de correo para que a resposta sexa máis rápida. 
Como aprendemos para que serve un blog quixemos colgar a nosa resposta no da aula de Audición e Linguaxe porque sabemos que Piratín o mira amiudo.

Traballamos a lecto-escritura, o manexo do ordenador e o da cámara fotográfica.




Para elaborar os nosos "Contos de Inverno" empregamos organigramas para realizar choiva de ideas e estructurar as historias nas súas partes correspondentes. 
Tamén fumos a biblio buscar diferentes comezos de contos e limos algúns con temática invernal para sacar ideas a empregar nos nosos.
Con todo iso puxémonos mans á obra e creamos uns contos espectaculares!


Agardamos a túa resposta Piratín!



jueves, 23 de abril de 2015

O DÍA DO LIBRO E APP NOTEGRAFY

Ofrezamos os libros como un medio para divertirse, investigar, aprender, viaxar, imaxinar...
Non é de recibo impoñer a lectura como un castigo.



Esta imaxe foi creada coa app Notegrafy. Se pinchades nela accederedes ao enlace para descargala en Android. Tamén está dispoñíbel para iOS. 

É moi recomendable para traballar a lecto escritura e comezar co recoñecemento dos grafemas. 
Pódense escribir dende palabras soltas ata novelas enteiras e logo elixir o deseño desexado para estilizar a imaxe.

Probádea cos máis pequenos e compartide os resultados!

Os nosos alumnos de 5 aniños vanna empregar para dar a coñecer por que letra comeza o seu dinosaurio favorito.

Espero que vos sexa útil!


sábado, 18 de abril de 2015

BUSCAMOS A WALLY NA APP

Buscando atopei a Wally. 

Wally and Friends é unha app que empregamos para entrenar a nosa atención.

Encantoume a dinámica da app, o interactiva, atractiva e lúdica que resulta.

Algúns dos peques non coñecían a Wally e foi un xeito de acercalos á esta persoaxe dos anos 90.

No desenvolvemento do xogo váisenos presentando unha serie de obxectos e persoaxes que debemos ir buscando nas pantallas que se van sucedendo atendendo ao tempo que nos dan para acadar os obxectivos. Ademáis, durante o progreso do xogo conséguense moedas para desbloquear novas aventuras.

Pinchade na imaxe e teredes o enlace da app para Android:



Pinchade na imaxe e teredes o enlace da app para iOs:




lunes, 13 de abril de 2015

EXPLICAMOS O AUTISMO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Nos seguimos coa teima de coñecer o autismo.

Hoxe os pequenos de Educación Infantil tiveron unha sesión de PELO diferente, na que oíron falar por primeira vez sobre o AUTISMO e os PICTOGRAMAS.

Na primeira parte da sesión vimos un capítulo de Caillou no que o protagonista coñece a un compañeiro con TEA e debe aprender a realacionarse con el.



Logo falamos sobre o vídeo: A Andy gústanlle os lugares ruidosos? Fala moito? Prefire xogar só ou con moita xente? E así fumos coñecendo algunhas características das persoas con TEA.

Na segunda parte aprendemos o que son os PICTOGRAMAS e para que se empregan. Explicamos que os nenos con autismo teñen dificultades para entender o que se lles di e que comprenden mellor e se expresan usando esos debuxos. 

Logo xogamos a comprender frases coa seguinte PPT.




Por último, rematamos a sesión lendo un conto con pictogramas de PICTOCUENTOS.






Porque nos debemos concienciar os 365 días do ano.


viernes, 10 de abril de 2015

TE CUENTO APP

Porque aprendo dos meus alumnos. 

Coñecer a lingua de signos é unha asignatura que teño pendente, pero este ano tiven a inmensa sorte de toparme cunha alumna con dificultades auditivas que está sendo a miña mellor mestra.

Esta semana comezamos a traballar coa app Te Cuento pensada para nenos coas súas características.

Trátase dunha aplicación móbil de descarga gratuita creada pola Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación.

É unha aplicación para que nenos e adultos poidan editar de forma sinxela e divertida os seus propios contos en lingua de signos sempre con apoio de texto escrito. Para personalizar os mesmos pódese ilustrar as historias con imaxes propias e arquivalas para reproducir tantas veces como se desexe.

Deixo o enlace para descargar a APP en Android.




jueves, 2 de abril de 2015

CONCIENCIEMONOS_DÍA 2 DE ABRIL

Día non para celebrar senon para aprender e concienciar sobre o TEA a aqueles menos sensibles co tema.  
Este ano tomo como referenza o vídeo de 'Iluminemos de azul'. Miradeo, explica as implicacions do TEA dun xeito sintético e sinxelo.




Foto de campaña de F.Autismo Diario


viernes, 27 de marzo de 2015

PRIMAVERA E DISLEXIA

Chegou a primavera e con ela o día da poesía. No noso cole quixémolo celebrar e para elo deseñouse un recital de poesías sobre a natureza.


Unha das alumnas da aula de Audición e Linguaxe desexaba participar polo que entre as dúas buscamos unha poesía que lle gustase. Escolleu "La primavera" de Antonio Machado, ben bonita por certo.



A nena ten un diagnóstico de dislexia, asique traballamos a lectura da poesía. Para iso probamos un tipo de letra que se aconsella para mellorar as dificultades en lecto  - escritura:


Ademáis da letra tamén cambiamos a cor do folio da poesía empregando un amarelo crudo ou crema. Eleximos esta cor atendendo a investigacións recientes que aseguran que esta cor diminúe o brillo reducindo as dificultades de decodificación.

Déixo a poesía de Antonio Machado:


Poesía "La primavera" de Antonio Machado


sábado, 21 de marzo de 2015

VAMOS DE CURSO COA TABLET

A asociación TADEGA lévanos de obradoiro a Pontevedra para aprender máis sobre como usar as tablets en Educación Infantil e na Educación Especial.

Espero ansiosa o 11 de abril para aprender de Susana Lamela, a moderadora do curso.

Pinchade na imaxe e teredes máis información e o xeito de inscribirvos.



Portada do libero: "Andeis baleiros" de Susana Lamela



Vémonos xogando a aprender



sábado, 14 de marzo de 2015

PARA A APRENDIZAXE DA LECTO-ESCRITURA

Aquí recollo unhas páxinas web con actividades para traballar cos pequenos que se inician na aprendizaxe da lecto - escritura.

A XOGAR!! ;)


 
Presenta catro niveis e en cada un propóñense diferentes actividades e exercicios para traballar diversos obxectivos como a mecánica e a comprensión lectora, o dictado e a comprensión escrita.



  
Recolle tres libros con actividades interactivas.




Non forcemos a aprendizaxe lecto - escritora, pero deámoslle aos aprendices a oportunidade de sentir a necesidade de comunicarse a través la linguaxe escrita.

PRACTICAMOS A EXPRESIÓN ORAL CON TELLAGAMI

Estou moi contenta de presentarvos a aplicación TELLAGAMI.



É unha aplicación moi útil e sinxela.
Con ela pódense crear pequenos vídeos grabando a túa propia voz e colocando o fondo que se desexe.

Créamos un avatar elexindo o xénero e os rasgos precisos para facelo o máis semellantes a nós.



As posibilidades desta aplicación son múltiples e diversas: vídeos titoriais (de non máis de 30 minutos), adiviñanzas, pequenos contos,...
Ademáis encántame o uso que se lle pode dar á aplicación para traballar a expresión oral cos nenos e nenas.



Gracias a miña compi Laura, quen me presentou esta estupenda aplicación :)




jueves, 26 de febrero de 2015

UN CONTO CON TRUCO `Juan no se quita el disfraz´

`Juan no se quita el disfraz´ é un conto de Graciela Repún publicado na revista de Mestres de Infantil. 

Con él vamos traballar os procesos psicolóxicos básicos ademáis do ámbito comunicativo língüístico en todos os seus compoñentes.

Trátase dunha presentación na que se vai contando o conto con ilustracións e entre mentras se van plantexando preguntas ao alumnado para reflexionar, expresar ideas,...

Esta actividade está desarrolada en castelán, atendendo ao conto orixinal.











Perseguindo ideas.






lunes, 23 de febrero de 2015

PIRATÍN E O /L/

Piratín continúa divertíndonos coas súas actividades!

Esta vez ponnos a proba para ver se damos coas palabras que conteñen o son /l/. Seremos quen de acertalas todas?

Vamos a xogar!





Aprender xogando




lunes, 16 de febrero de 2015

PRAXIAS DIVERTIDAS EN GALEGO

Moitas grazas a unha moi boa compañeira por compartir comigo estas orixinais láminas de praxias e sopro EN GALEGO.

Empregueinas cos cativos do colexio mentras ía inventando unha historia na que a señora Abella, mentras cheiraba unha rosa que arrecendía moi ben... topábase con don Morcego quen non facía máis que meter a lingua a quen pasaba por diante del...

Foi unha sesión moi divertida :)

Porque compartir é o espíritu da aprendizaxe en rede... Eu continúo coa cadea e comparto con vós este precioso material. 

Tamén volo deixo en Google Drive no seguinte enlace:

























lunes, 9 de febrero de 2015

ÁS DE BOLBORETA - ENFERMIDADES RARAS

Hoxe escribo para recomendar un conto ben bonito sobre Nadia Nerea, unha nena cunha enfermidade das coñecidas como "raras". 

Chegou ás miñas mans por casualidade, como a maioría dos libros que acaban enchéndome de gratas sensacións. 

Pois esta pequena gran loitadora padece unha enfermidade xenética dexenerativa das máis raras do mundo, Tricotiodistrofia, tamén coñecida como "Pel de reptil", que apenas padecen unha vintena de persoas no mundo e que deteriora rápidamente o seu sistema nervioso.

No conto non nos narra as súas andainas diarias nin moito menos, senon como esa xente solidaria, esa xente con ÁS DE BOLBORETA, lle axudaron a conseguir as súa "Tarta de tempo", o regalo que Nadia quería polo seu cumpreanos.



Portada do libro "Alas de Mariposa" de Marisa López e Javier Mariscal

"Xente con as de bolboretas que, aínda que non sepan de teorías matemáticas ou de meteoroloxía, saben que o movemento dunha onda pode xerar unha gran muda" López Soria.


jueves, 5 de febrero de 2015

DIVERTÍMONOS CON ROSTY E O /R/

A clase de hoxe de intervención en rotacismo fíxose moi divertida grazas a Rosty!

Os pequenos disfrutaron á vez que se riron e practicaron o fonema vibrante múltiple.

Este foi o vídeo que seguimos.



Logo escribimos o trabalinguas e leváno á casa para practicar.


APRENDER XOGANDO

miércoles, 4 de febrero de 2015

PIRATÍN E O /F/

Os peques de 5 aniños seguen sendo os PIRATAS do cole!

Piratín continúa facéndonos visitas e desta vez tróuxonos un xogo co son /f/!

¿Qué palabras teñen ese son no seu nome? 








EDUCAR NO EMPREGO DAS TIC

Hoxe absorviume a preocupación sobre o que algunhas persoas están a facer con toda a tecnoloxía que teñen ao seu alcance.


Dóeme ver vídeos, fotos, publicacións e demáis posts na rede que danan os dereitos e a imaxe de compañeiros e descoñecidos que teñen unha vida á marxe do que sobre eles se poida amosar.

Penso en cómo educar para que os pequenos aos que ensino e me rodean obvien ese mal uso das TIC e aprendan que son unha ferramenta magnífica para adquirir e compartir coñecementos, materiais, ideas e opinións. 

Para comezar penso que estas premisas poden dar un empuxón á reflexión sobre o emprego san da web.




"A tecnoloxía só é unha ferramenta. A xente emprega as ferramentas para mellorar as súas vidas" Tom Clancy



martes, 3 de febrero de 2015

COMUNICÁMONOS CON E-MINTZA

Estamos probando unha nova app que rompe barreiras para nos poder comunicar.

Levamos unha semiña probando E - MINTZA.

Trátase dunha app dispoñible para iPad, Android e tamén para Windows. 

As súas funcións permiten empregala como taboleiro de comunicación ao mesmo tempo que como axenda grazas á opción que nos ofrece para elo.

Temos a posibilidade de personalizar o taboleiro introducindo fotos, audios, textos e vídeos en función das necesidades do usuario. 

A seguinte imaxe lévanos á web da Fundación Orange na que atopamos os enlaces necesarios para descargar a aplicación para os diferentes sistemas.
Tamén nos ofrecen uns sinxelos manuais de usuario para dar os primeiros pasos no seu manexo de xeito rápido e eficaz.





Deixo un vídeo titorial para axudar a empregar a app. Nel explica como programar para Windows pero o funcionamento é o mesmo para o resto de dispositivos.





"Poden ser xoguetes pero tamén potentes ferramentas de aprendizaxe" EOP