martes, 25 de marzo de 2014

INICIÁMONOS NA LECTURA

Somos moi ambiciosos e queremos aprender moito.

Estamos rematando o trimestre pero como avanzamos a pasos axigantados vámonos adentrar na lectura aproveitando que o gusto polos libros é notabel. 

No caso que nos ocupa, para aprender a leer optamos pola lectura global que se dirixe á percepción e ao recoñecemento como un todo das palabras escritas.

Comezaremos por palabras funcionais e cotidianas como o recoñecemento do nome propio, de mamá e de papá.

A finalidade da intervención e a metodoloxía  ao igual que os materiais que se van empregar refléxanse á perfección o seguinte vídeo:



"A educación debe ser unha proposta de formación integral do suxeito como ser humán" Manuel Area


miércoles, 12 de marzo de 2014

EXERCITAMOS A NOSA ATENCIÓN

Como xa sabemos manexar o rato e o teclado do ordenador vamos continuar coa nosa andaina descubrindo as TIC.

Queremos entrenar a nosa atención con diferentes xogos. Por iso rebuscando na web fumos seleccionando os que máis nos gustaron e aqueles que poden ser máis útiles.

Aquí vos deixo o Webmix que comecei e que pouco a pouco irei actualizando na aplicación.






martes, 11 de marzo de 2014

III CONGRESO INTERNACIONAL DE AUTISMO

O vindeiro venres 21 e sábado 22 de marzo celebrarase en Murcia o III Congreso Internacional de Autismo. Aínda está aberta a inscripción! 
A seguinte imaxe remite á páxina oficial do congreso:





Os ponentes son grandes profesionais cunha longa carreira e experiencia. Entre eles atópase Marc Monfort, Javier Tamarit e Miguel Ángel Verdugo.

lunes, 10 de marzo de 2014

CURSO PECS

Hai tempo que espero un curso de PECS e... Hoxe atopeime con esta novidade na páxina de Facebook do Centro de Estimulación e Aprendizaxe Pautas de Pontevedra:



"Eu non ensino aos meus alumnos, so lles proporciono as condicións nas que poidan aprender" Albert Einstein.



APLICACIÓN PictogramAgenda

Esta fin de semana tiven o pracer de disfrutar dun Curso de Formación impartido por ARASAAC en Alicante grazas ao Centro de Desenvolvemento Infantil Sentits (http://www.clinicasentits.com/).


No curso fóronnos desengranando estratexias para o emprego de diferentes programas e aplicacións. Como foron moitos e diversos os softwares que traballamos ireivos contando de a poucos todos eles.

Quero comezar por unha aplicación que me parece moi útil tanto para empregar no colexio como na casa e que de seguro pode facilitar a vida de moitas persoas. Trátase da PictogramAgenda.

PictogramAgenda é unha aplicación informática que facilita a xeración e o uso de axendas visuais en dispositivos móviles ou tablets que estén basados no sistema operativo Android. Permite configurar e ordear unha secuencia de imaxes (como máximo 12) que formarán a axenda visual.

Déixo un breve resumo das principais características:
  • Pódese altera a orde das tarefas pendentes en calquera momento cun arrastre do pictograma á súa nova posición.
  • Permite tachar pictogramas para decir que esa tarefa non se vai realizar.
  • Pódese retroceder ao pictograma anterior e ate volver ao estado inicial con todas as tarefas pendentes.
  • Permite gardar e cargar axendas xeradas.


Dende o seguinte enlace pódese descargar esta aplicación:



"A veces tes que cambiar a forma en que ves as cousas" Anónimo