martes, 25 de febrero de 2014

VAMOS DE EXCURSIÓN

A rutina diaria deixa  de ser rutina cando se organiza unha excursión ou unha saída.
Por moi pequena que sexa a viaxe sempre hai que explicarlla aos nenos. 

En ocasións contamos un conto para que entendan o para que da saída, outras veces xogamos a preguntas e respostas e noutras optamos por unha explicación oral. Sexa cal sexa a metodoloxía empregada haberá nenos que precisen de axudas para comprendelo. 

Nos temos un alumno que entende mellor a explicación se empregamos axudas visuais polo que elaboramos un panel como o seguinte no que se reflexa cando imos ir, a onde imos ir, como imos ir, o que debemos facer unha vez alí e como regresamos ao colexio:




Este panel vímolo uns días antes da excursión para adiantar o que ía pasar ese día. Cando chegou a hora de irmos á saída levamos o panel e fumos pasando unha cruz sobre das accións que se ían realizando para coñecer a que viña despois.

O panel foi de gran axuda e a saída todo un éxito.


"Diferentes mentes, diferentes pensamentos, diferentes xeitos de aprender, diferentes xeitos de ensinar" Frith, 1989.



miércoles, 12 de febrero de 2014

ASPERGER

Hoxe rematei de ler un libro que recomendo para chegar a entender mellor e para coñecer moitas curiosidades sobre o Síndrome de Asperger. O título é "Nacido en un día azul. Un viaje por el interior de la mente y la vida de un genio autista" e o autor é Daniel Tammet. 

Trátase dun libro autobiográfico no que Tamet conta como transcorreu a súa vida dende os seus primeiros anos ate que se fai adulto e búsca o xeito de labrar o seu futuro independentemente.

Son varios os capítulos que compoñen esta novela e cada un deles descobre algo novo sobre o Síndrome de Aspeger e particularidades como os primeios anos de vida, a sinestesia, a realación da epilépsia, a adquisición de capacidades similares ás do Síndrome de Asperger, o test de Navon, a importancia do sentido do tacto, a práctica de aptitudes e un longo etcétera que se resolve coa lectura do libro.

Portada do libro "Nacido en un día azul" de Daniel Tammet

"Sería como ter un anaco de ceo" Damiel Tammet