domingo, 14 de febrero de 2016

MINI CONTO

Dúas pequenas grandes artistas animáronse a crear e protagonizar un mini-conto titulado O Castelo!

Con anterioridade crearon outro mini-conto de Didú e Dudú, o delfín e o dinosauro protagonistas. Foron elas quenes elexiron os protagonistas e os fondos, quenes os colorearon e as que crearon estas historias.

Continuamos usando a app WEVIDEO (pincha no enlace para descargala).

Que non decaia a creatividade! :)






domingo, 24 de enero de 2016

FALAMOS SOBRE EMOCIÓNS!!

Estamos traballando as emocións básicas: alegría, rabia/ira e tristeza...

Coñecemos como as expresamos!! 

Mirade como as mostran estes animaliños!

Para crear esta fotomontaxe primeiro buscamos as fotos co Google Chrome, logo gardámolas e ao final montamos o video coa app WeVideo.  






"Busca as diferenzas e atoparás as similitudes"



viernes, 15 de enero de 2016

MENSAXE CON PRUCO :)

A nosa amiga Xiana e o seu mestre propuxéronnos un reto!!


Debemos buscar toodas as palabras que atopemos nunha mensaxe que teñan o son /p/.


Antes de poñernos a investigar vimos cantas palabras coñecíamos que tivesen este son... 
Este foi o resultado!


Mirade que nubes de palabras mais chulas!!  



Feitas dende TAGUL.












miércoles, 13 de enero de 2016

CREADORES DE BANDAS DESEÑADAS!!

Pois con estas pequenas bandas deseñadas foi como rematamos o pasado trimestre e comezamos este novo!

Gustounos taanto inventar con PIXTON que non podíamos deixar de crear historias!

Animádevos e inventade! Creade! 



miércoles, 2 de diciembre de 2015

VIAXE AO ESPACIO EN COMIC

Este ano estamos a traballar o comic como un proxecto interdiciplinar a nivel de centro.

Pois nos quixemos adestrar a nosa competencia lecto - escritora partindo do mesmo e empregamos o software online PIXTON para crear un comic!

Este trata sobre unha viaxe á lúa dun astronauta mooi especial!! 

A ver se vos gusta :)

lunes, 30 de noviembre de 2015

O NADAL NO MUNDO

Sabemos que a celebración do nadal é unha data moi esperada por todos.

Pois vamos aprender un pouquiño sobre as peculiaridades do nadal nalgúns países do mundo. Para saber máis abride este libro en 3D e investigade sobre o nadal en España, en Xapón e en Islandia!!

Xa me contaredes que apréndechedes :)



A diversidade tamén se observa nas costumes das diferentes culturas!


domingo, 29 de noviembre de 2015

ENTENDEMOS A VIOLENCIA DE XÉNERO CONTADA CUN CONTO

Xa pasou o día no que se conmemora a repulsa cara a Violencia de Xénero pero non quería deixar de compartir o vídeo que creamos cos pequenos para que decir NON a estas accións.

Coñecemos o conto "Nin un bikiño á forza", lémolo e explicámolo para que logo os nenos nolo contasen. 

Está creado por 30 nenos e nenas moi concienciados de que se deben respectar aos iguais e saber dicir NON.

Aquí está o resultado :)



Gravámonos cunha Gravadora de Sons de Android e montouse o vídeo co MovieMaker.