A rutina diaria deixa de ser rutina cando se organiza unha excursión ou unha saída.
Por moi pequena que sexa a viaxe sempre hai que explicarlla aos nenos.
En ocasións contamos un conto para que entendan o para que da saída, outras veces xogamos a preguntas e respostas e noutras optamos por unha explicación oral. Sexa cal sexa a metodoloxía empregada haberá nenos que precisen de axudas para comprendelo.
Nos temos un alumno que entende mellor a explicación se empregamos axudas visuais polo que elaboramos un panel como o seguinte no que se reflexa cando imos ir, a onde imos ir, como imos ir, o que debemos facer unha vez alí e como regresamos ao colexio:
Este panel vímolo uns días antes da excursión para adiantar o que ía pasar ese día. Cando chegou a hora de irmos á saída levamos o panel e fumos pasando unha cruz sobre das accións que se ían realizando para coñecer a que viña despois.
O panel foi de gran axuda e a saída todo un éxito.
"Diferentes mentes, diferentes pensamentos, diferentes xeitos de aprender, diferentes xeitos de ensinar" Frith, 1989.
Moi boa idea, seguro que funcionou á perfección.
ResponderEliminar