Esta fin de semana tiven o pracer de disfrutar dun Curso de Formación impartido por ARASAAC en Alicante grazas ao Centro de Desenvolvemento Infantil Sentits (http://www.clinicasentits.com/).
No curso fóronnos desengranando estratexias para o emprego de diferentes programas e aplicacións. Como foron moitos e diversos os softwares que traballamos ireivos contando de a poucos todos eles.
Quero comezar por unha aplicación que me parece moi útil tanto para empregar no colexio como na casa e que de seguro pode facilitar a vida de moitas persoas. Trátase da PictogramAgenda.
PictogramAgenda é unha aplicación informática que facilita a xeración e o uso de axendas visuais en dispositivos móviles ou tablets que estén basados no sistema operativo Android. Permite configurar e ordear unha secuencia de imaxes (como máximo 12) que formarán a axenda visual.
Déixo un breve resumo das principais características:
- Pódese altera a orde das tarefas pendentes en calquera momento cun arrastre do pictograma á súa nova posición.
- Permite tachar pictogramas para decir que esa tarefa non se vai realizar.
- Pódese retroceder ao pictograma anterior e ate volver ao estado inicial con todas as tarefas pendentes.
- Permite gardar e cargar axendas xeradas.
Dende o seguinte enlace pódese descargar esta aplicación:
"A veces tes que cambiar a forma en que ves as cousas" Anónimo
No hay comentarios:
Publicar un comentario