Eles xa coñecen a Piratín, un amigo meu que é pirata dende ben pequeno e nos presenta as actividades do Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (PELO).
Mañá Piratín vailles ensinar a facer ximnasia coa boca partindo das fotos dun feroz neno pirata.
As fotografías da presentación foron vistas en http://elrincondemijavier.blogspot.com.es/2013/10/las-praxias-del-pirata.html
Mañá tamén vamos resolver un crebacabezas coa fotografía de Piratín. Este vai ser o premio dun concurso pirata de adiviñanzas que fixemos na sesión anterior do PELO.
Para poder facelo entre todos empregando a PDI empragaremos un recurso que nos ofrece a web CREBACABEZAS ONLINE para o que so necesitamos elexir a foto que desexamos e o número de pezas que queremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario