sábado, 17 de enero de 2015

UNS COMECOCOS MOI "RRRRR"

A semana pasada volvemos a comezar as nosas sesións con máis gaRRA ca nunca e que mellor xeito de facelo que entrenarnos na correcta articulación do /r/ á vez que practicamos un pouco de papiroflexia. Así elaboramos uns comecocos.

En cada unha das pestañiñas puxemos unha palabra que implique a articulación do fonema /r/ e logo, a decoración corriu a conta da creatividade dos nenos e nenas. Mirade o resultado!

No tempo de recreo tivo moito éxito entre os compañeiros :)










Aprender xogando

No hay comentarios:

Publicar un comentario