Chegou a primavera e con ela o día da poesía. No noso cole quixémolo celebrar e para elo deseñouse un recital de poesías sobre a natureza.
Unha das alumnas da aula de Audición e Linguaxe desexaba participar polo que entre as dúas buscamos unha poesía que lle gustase. Escolleu "La primavera" de Antonio Machado, ben bonita por certo.
A nena ten un diagnóstico de dislexia, asique traballamos a lectura da poesía. Para iso probamos un tipo de letra que se aconsella para mellorar as dificultades en lecto - escritura:
Ademáis da letra tamén cambiamos a cor do folio da poesía empregando un amarelo crudo ou crema. Eleximos esta cor atendendo a investigacións recientes que aseguran que esta cor diminúe o brillo reducindo as dificultades de decodificación.
Déixo a poesía de Antonio Machado:
Poesía "La primavera" de Antonio Machado
No hay comentarios:
Publicar un comentario