Hoxe rematamos o noso abecedario!!!
Levounos tempo facelo porque tivemos que pensar, debatir e fotografiar cousas que comezasen por cada unha das letras do abecedario galego (nalgúns casos que contivesen)!
O proceso a seguir foi o seguinte:
- Fumos pensando palabras que comezasen por cada unha das letras do abecedario que poidésemos atopar polo cole adiante. Cando non nos saía ningunha saímos a tentar buscar algunha.
- Logo escribímolas nun folio e despois recorremos case todas as clases do cole na procura deses obxectos: a de música, o salón de actos, o comedor, a aula de Audición e Linguaxe... e ate sacamos fotos no mesmiño corredor.
- Tamén tivemos que escribir as letras do abecedario, unha en cada folla do PowerPoint e darlle formato!
- Por último fomos colocando cada foto xunto coa letra que lle correponde.
Non foi sinxelo, pero o que aprendemos e o resultado mereceu a pena!
A ver se vos gusta :)
Me encanta, está genial!
ResponderEliminar