viernes, 17 de octubre de 2014

SOPA DE NÚMEROS

Seguimos aprendendo galego!

Hoxe vai de números a cousa.
Esta sopa de letras elaborouse a través dun creador gratuito que se pode atopar no seguinte enlace: http://www.dibujosparapintar.com/sopas_de_letras/crear.

Vamos darlle que facer a nosa atención buscando os números do 1 ao 12 entre esta maraña de letras.





jueves, 16 de octubre de 2014

DE NÚMEROS E CORES. APRENDO VOCABULARIO EN GALEGO

Estamos sumerxíndonos na fala galega e para aprender a nosa lingua necesitamos de moreas de actividades que nos axuden a comprendela e interiorizala.

Por este motivo comparto este BrincaLetras con números e cores galegas. 







lunes, 13 de octubre de 2014

PRAXIAS e CRECABEZAS PIRATAS

Este curso, os alumnos de 5 anos son Piratas!

Eles xa coñecen a Piratín, un amigo meu que é pirata dende ben pequeno e nos presenta as actividades do Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (PELO).




Mañá Piratín vailles ensinar a facer ximnasia coa boca partindo das fotos dun feroz neno pirata.







Mañá tamén vamos resolver un crebacabezas coa fotografía de Piratín. Este vai ser o premio dun concurso pirata de adiviñanzas que fixemos na sesión anterior do PELO.

Para poder facelo entre todos empregando a PDI empragaremos un recurso que nos ofrece a web CREBACABEZAS ONLINE para o que so necesitamos elexir a foto que desexamos e o número de pezas que queremos.




sábado, 11 de octubre de 2014

PRAXIAS COS PITUFOS

Acabo de quedar super contenta ao atopar en EL BLOG DE LOS MAESTROS DE AUDICIÓN Y LENGUAJE unha presentación con praxias protagonizadas polos Pitufos. 

Vouno empregar no Programa de Estimulación da Linguaxe do grupo de 4 de anos de este ano xa que ten como centro de interés a estas pequenas persoaxes azuis.

Compartoo.


CREAMOS A NOSA PROPIA HISTORIA

Estamos mellorando a nosa escritura e que mellor maneira de facela que creando a nosa propia historieta?
Eleximos os protagonistas, o escenario e a música que máis nos guste de entre todo o que Pancho na aplicación nos ofrece.
Podemos poñerlle o título que queiramos e o noso nome como autores da mesma.


A aplicación permite fomentar a nosa creatividade, aprender a elexir e entrenar os procesos involucrados na escritura dun xeito lúdico e motivador.
O feito de non poder gardar a historieta enteira é algo mellorable no empregro deste recurso. Nós crearemos os nosos contos e tentaremos gardalas con capturas de pantalla.


"A creatividade amplia todos os límites

sábado, 4 de octubre de 2014

PIRATÍN E AS SÚAS ANDAINAS

Este curso vamos ter a un amiguiño moi especial na aula de Audición e Linguaxe, protagonista tamén de un dos Programas de Estimulación da Linguaxe en Infantil que vos irei mostrando.

Preséntovos a Piratín, o noso intrépido pirata! Este pequeno bucanero ten moitos amigos que iremos coñecendo ao longo do curso. 




El vainos guiar por países e mares que descoñecemos e vainos propoñer actividades un pouco enrevesadas e algo complexas que tomaremos como un reto para aprender.


De primeiras, hoxe Estreliña, unha amiga de Piratín pídenos axuda para poder ler unha carta que recibiu a nome do pequeno pirata. As palabras están todas unidas e non entende nadiña nadiña... O correo dende os mares éche un pouco movidiño e xuntou unhas palabras con outras.


Os nenos van ter que descifrala e axudarlle a Estreliña a escribila de novo para que lle poida contestar a Piratín.

Esta é a primeira actividade:





"En tempos de cambio, quenes estén abertos á aprendizaxe faranse donos do futuro" Eric Hoffer.




domingo, 28 de septiembre de 2014

ERRE QUE ERRE

Vou comezar as entradas deste novo curso cun recurso online que presenta moitas posibilidades, o BrincLetras

Esta ferramenta permite múltiples formatos e pódese empregar dende todas as áreas e para infinidade de intervencións.

Na aula das Bolboretiñas de Audición e Linguaxe vamos traballar o fonema /rr/ dende o ordenador, xogando a adiviñar palabras.

Pincha na imaxe para ver a actividade.





"A linguaxe é o vestido dos pensamentos" Samuel Johnoson