Xa vos falei dalgún proxecto do cole no que andamos artellando ideas.
Pois ben! Nun deles estamos coñencendo a Xiana, una nena que vive no País das Palabras e que ten algúns que outros segredos...
Esta semana emprestounos o seu libro de conxuros e a semana pasada tivemos que axudarlle a identificar uns sons que para nos son ben coñecidos pero cos que ela tiña algún que outro problemiña...
Para lle axudar xogamos ao BINGO DOS SONS ANIMAIS!
Tíñamos que ir pintando os debuxos dos animais que ían soando... Resultounos mooi divertido.
Pinchando na imaxe podemos descargar os cartóns que empregamos:
E facendo click na seguinte imaxe poderedes escoitar os sons que nos usamos para xogar:
Espero que disfrutedes deste bingo tanto coma nos ;)
Este ano dedícolle parte do horario a unha sesión de Atención Educativa en Educación Infantil. Nestas horas vamos falar e aprender sobre a diversidade, as diferenzas e o respecto. Comezamos as sesións co libro de Ranilda da editorial OQO para entender que debemos querernos tal e como somos.
Vamos continuar con DIFERENTES Guía Ilustrada sobre a diversidade e a discapacidade de Ponce, A. & Gallardo, M. para entender as diferenzas que nos rodean e aportar unha visión sinxela da discapacidade como algo enriquecedor e normal.
Para comezar o curso, ben sabemos os mestres de Audición e Linguaxe que necesitamos ter diferentes documentos nos que recoller toodos os datos dos nosos nenos e nenas e organizar con eles as intervencións. Aquí vos deixo tres documentos que podedes descargar pinchando na imaxe:
Novo curso, novas caras, novos retos e... renovamos o blog!!
O comezo deste curso inspírame boas vibras :)
Teño un par de proxectos en mente, un deles relacionado co Programa de Estimulación da Linguaxe en Educación Infantil e outro, no que me inmiscuiron de pleno os compis, sobre o Proxecto Lector.
Para comezar cos cambios do blog creei o meu propio avatar coa ferramenta online CREA UN AVATAR, se pinchades na fotografía lévavos á dirección web.
Esta ferramenta formará parte dos recursos que empregaremos no PELO ;)
Como non podía ser menos este ano abrimos o curso coa canción que me resulta máis motivadora para elo... "Adelante por los sueños que aún nos quedan, adelante por aquellos que están por venir... Adelante porque no importa la meta..."
Os compañeiros de segundo tamén se sumaron á iniciativa de rapear polo autismo.
A dinámica comezou coa explicación de características sobre o autismo e a visualización de cortos didácticos sobre o mesmo.
Logo, por grupos elaboraron unha frase con carga conceptual sobre o autismo que despois gravamos coa app AutoRap (pódese descargar pinchando na seguinte imaxe).
Escoitade que Rap tan xenial resultou!! (Pinchade no enlace)
Levounos tempo facelo porque tivemos que pensar, debatir e fotografiar cousas que comezasen por cada unha das letras do abecedario galego (nalgúns casos que contivesen)!
O proceso a seguir foi o seguinte:
Fumos pensando palabras que comezasen por cada unha das letras do abecedario que poidésemos atopar polo cole adiante. Cando non nos saía ningunha saímos a tentar buscar algunha.
Logo escribímolas nun folio e despois recorremos case todas as clases do cole na procura deses obxectos: a de música, o salón de actos, o comedor, a aula de Audición e Linguaxe... e ate sacamos fotos no mesmiño corredor.
Tamén tivemos que escribir as letras do abecedario, unha en cada folla do PowerPoint e darlle formato!
Por último fomos colocando cada foto xunto coa letra que lle correponde.
Non foi sinxelo, pero o que aprendemos e o resultado mereceu a pena!