lunes, 21 de septiembre de 2015

RESPECTAMOS A DIVERSIDADE EN ATENCIÓN EDUCATIVA

Este ano dedícolle parte do horario a unha sesión de Atención Educativa en Educación Infantil.
Nestas horas vamos falar e aprender sobre a diversidade, as diferenzas e o respecto.

Comezamos as sesións co libro de Ranilda da editorial OQO para entender que debemos querernos tal e como somos.



Vamos continuar con DIFERENTES Guía Ilustrada sobre a diversidade e a discapacidade de Ponce, A. & Gallardo, M. para entender as diferenzas que nos rodean e aportar unha visión sinxela da discapacidade como algo enriquecedor e normal.

Pódese descargar pinchando na imaxe:



A diversidade está nos ollos de quen a mira.

domingo, 6 de septiembre de 2015

ORGANIZAMOS AS INTERVENCIÓNS!

Para comezar o curso, ben sabemos os mestres de Audición e Linguaxe que necesitamos ter diferentes documentos nos que recoller toodos os datos dos nosos nenos e nenas e organizar con eles as intervencións.

Aquí vos deixo tres documentos que podedes descargar pinchando na imaxe:


  • Rexistro de alumnos de Audición e Linguaxe.
  • Programación diaria de aula.
  • Ficha de seguimento en avaliacións trimestrais.



Persigamos intervencións de calidade!



BENVIDA AO CURSO 2015 - 2016

Novo curso, novas caras, novos retos e... renovamos o blog!!

O comezo deste curso inspírame boas vibras :) 
Teño un par de proxectos en mente, un deles relacionado co Programa de Estimulación da Linguaxe en Educación Infantil e outro, no que me inmiscuiron de pleno os compis, sobre o Proxecto Lector.

Para comezar cos cambios do blog creei o meu propio avatar coa ferramenta online CREA UN AVATAR, se pinchades na fotografía lévavos á dirección web.



Esta ferramenta formará parte dos recursos que empregaremos no PELO ;) 

Como non podía ser menos este ano abrimos o curso coa canción que me resulta máis motivadora para elo... "Adelante por los sueños que aún nos quedan, adelante por aquellos que están por venir... Adelante porque no importa la meta..."


ADIANTE CO NOVO CURSO!! :)



jueves, 18 de junio de 2015

OS DE SEGUNDO RAPEAN CO AUTISMO

Os compañeiros de segundo tamén se sumaron á iniciativa de rapear polo autismo. 

A dinámica comezou coa explicación de características sobre o autismo e a visualización de cortos didácticos sobre o mesmo.

Logo, por grupos elaboraron unha frase con carga conceptual sobre o autismo que despois gravamos coa app AutoRap (pódese descargar pinchando na seguinte imaxe).



Escoitade que Rap tan xenial resultou!! (Pinchade no enlace)

lunes, 1 de junio de 2015

FOTO - ABECEDARIO

Hoxe rematamos o noso abecedario!!! 


Levounos tempo facelo porque tivemos que pensar, debatir e fotografiar cousas que comezasen  por cada unha das letras do abecedario galego (nalgúns casos que contivesen)!

O proceso a seguir foi o seguinte:

  • Fumos pensando palabras que comezasen por cada unha das letras do abecedario que poidésemos atopar polo cole adiante. Cando non nos saía ningunha saímos a tentar buscar algunha. 

  • Logo escribímolas nun folio e despois recorremos case todas as clases do cole na procura deses obxectos: a de música, o salón de actos, o comedor, a aula de Audición e Linguaxe... e ate sacamos fotos no mesmiño corredor. 



  • Tamén tivemos que escribir as letras do abecedario, unha en cada folla do PowerPoint e darlle formato!

  • Por último fomos colocando cada foto xunto coa letra que lle correponde.



Non foi sinxelo, pero o que aprendemos e o resultado mereceu a pena! 



A ver se vos gusta :)


viernes, 29 de mayo de 2015

RAPEAMOS SOBRE O AUTISMO

As nenas e nenos de 4º de primaria coñeceron un pouquiño máis acerca do Trastorno do Espectro Autista e as súas implicacións.

Falamos sobre as características principais dos nenos e nenas que teñen este trastorno. Vímos o vídeo de ACADEMIA DE ESPECIALISTAS e conversamos sobre as pecualiaridades coas que conviven as persoas con autismo e a importancia de darlles as axudas necesarias para facilitarlles o día a día.

Logo levamos a cabo unha tarefa para a que nos colocamos en pequenos grupos colaborativos. Cunha cartolina, un lapis, a información que obtivemos e un chisco de cretividade... Elaboramos estas oracións, todas elas relacionadas co AUTISMO.

  • Rap, movemento cultural que consiste en rapear, del autismo y el racismo hablar.
  • Liberdade e respeto polas persoas, que ninguén é máis que calquera.
  • Case toda a xente trata o autismo como unha enfermidade pero non, é un trastorno.
  • O autismo non é unha enfermidade, é un trastorno que lles provoca medo.
  • O autismo non é un problema tendeo claro por favor que é un trastorno menor.

O fin co que creamos estas oracións era deseñar un RAP coa app AUTORAP (pincha na imaxe e poderás descargala para Android).

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.smule.autorap&hl=es

Aquí tendes o espectacular RAP que os alumnos e alumnas de 4º crearon!! Pinchade no enlace e poderédelo escoitar!

RAP DO AUTISMO

Gustouvos?


 CREATIVIDADE
FONTE:   http://blog.simbolo-ic.es/creatividad-algo-de-genios/

miércoles, 13 de mayo de 2015

DICIONARIO VISUAL DO "L"


Mirade que collage máis precioso fixeron os nenos de 5 anos mentras xogaban co son /l/!

Para facelo primeiro tivemos que pensar en palabras que comezasen por ese son, logo debuxámolos para, ao final sacarlle cada quen unha foto ao seu debuxo.

Para obter este resultado empregamos o xa coñecido software KIZOA, pero esta vez coa intención de elaborar un collage.

Cada un colocou a súa foto onde quixo e escribiu o nome do que representa.

Atopámonos cun problema á hora de escoller a cor do fondo, non nos poñíamos dacordo!
Polo que tivemos que aprender a dar razóns para convencer aos compañeiros de que a cor que cada un elexía era a máis adecuada para o collage. Como vedes, gañou o azul!