Esta fin de semana celebráronse as Xornadas das Tablets no ensino e na atención á diversidade. Foron moitas as ideas e os recursos que delas saquei.
A que hoxe quero compartir con vós é a aplicación gratuita para tabletas, ordenadores e pizarras dixitais SÍGUEME.
SÍGUEME está diseñada para potenciar a atención visual e entrenar a adquisición do significado a través de significantes visuais especialmente en persoas con trastrorno do espectro autista.
Componse de seis fases: atención, vídeo, imaxen, debuxo, pictograma e xogos; con diferentes niveis en algunhas delas.
Tamén da a opción de 3 tipos de interacción coas actividades: só mirar mentras se suceden as accións, tocar para dar resolución ás actividades e mover os elementos pola pantalla para así resolver as tarefas.
Tamén da a opción de 3 tipos de interacción coas actividades: só mirar mentras se suceden as accións, tocar para dar resolución ás actividades e mover os elementos pola pantalla para así resolver as tarefas.
Un punto forte da aplicación é contar coa posibilidade de personalizar os contidos eliminando e cambiando os diferentes elementos dos que se compón.
Dende a seguinte fotografía pódese descargar a aplicación para os diferentes sistemas operativos.
Ao longo deste último trimestre vamos tentar o uso desta aplicación na aula xa que está especialmente recomendada para as intervencións en nenos que aínda non teñen acceso á lecto - escritura.
Comezaremos no nivel 1 da fase de Atención personalizando os taboleiros cos intereses do alumno, seguramente sexan alimentos.
Un elemento que me quedaba por comentar e me parece moi importante pola relavancia que ten para controlar a evolución do neno é a posibilidade de AVALIAR as actividades que se lle propoñen.
No mesmo enlace de descarga pódese atopar o Manual de Usuario.
"Si siembras un pensamiento, cosecharás un acción. Si siembras una acción, cosecharás un hábito. Si siembras un hábito, cosecharás un carácter. Si siembras un carácter, cosecharás un destino" Samuel Smiles
Qué interesante, gárdoa! A min no me colleron, quedei de reserva :( Un bico e gracias pola información.
ResponderEliminarGracias Carlota!!
EliminarJo! Xa dixeron que estiveron moi solicitadas as xornadas :(
Está xenial e ademáis é moi intuitiva! Eu xa adaptei un usuario para un alumno, rápido e sixelo :)
Bicoo!!