Mañá conmemoramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
No noso cole hai diferentes actos programados para que toda a comunidade escolar se conciencie sobre os TEA: un bonito mural feito con debuxos todos eles pintados en tonos azuis, pegatinas con motivos do día, un corazón de globos azuis...
Pola parte que me toca a min preparei unha sesión duns 30 minutos para a cal saquei vídeos e ideas do seguinte artículo de Autismo Diario: http://autismodiario.org/2014/01/02/explicando-que-son-los-trastornos-del-espectro-del-autismo-ninos-de-primaria/
Os alumnos que participan na sesión xa coñecen o autismo e asistiron a outras sesións de sensibilización.
Comezaremos co visionado do seguinte vídeo:
Aos nenos dirémoslles: Este vídeo vainos ensinar un
mundo no que se busca a perfección e o orden, donde todo está moi colocado e programado. Todo é normal ata que un neno
decide saltarse as normas. Mirade!
Despois de ver o vídeo… Este neno é xoguetón, imprevisible, alegre… ¿É moi distinto
a vós? Daquela podemos pensar que quen é diferente nun lugar pode ser estupendo noutro…. Entón… ¿Ser diferente é malo?
Logo propoñerémoslles o seguinte xogo: Escollemos a un dos nenos ou
nenas e deixamos un bombón sobre da mesa poñemos ao rapaz ou rapaza mirando cara
os seus compañeiros e proxectaremos a seguinte imaxe mentras lles decimos a todos os demáis que garden silencio:
A continuación dirixímonos ao
voluntario ou voluntaria e pedirémoslle nalgún idioma que non coñeza ou mesmo inventado, que nos de o bombón. Non se fan
xestos nin se sinala nada, so de xeito verbal.
Como non entenderá nada,
preguntámoslle ao resto do alumnado que lle estasmos pedindo.
Esta é unha oportunidade para preguntarlle a compañeira como
se sentiu mentras lle preguntábamos algo e era a única persoa que non entendía
nada. Darémonos a volta e deixarémoslle que vexa a pantalla.
Nese momento explicarémoslles a todos que os apoios visuais como os
pictogramas axudan á comunicación dos nenos con autismo xa que son aprendices visuais.
Logo poñeremos un novo vídeo sobre as sensacións que perciben os nenos con TEA.
Aos nenos dirémoslles: Moitos nenos e nenas con TEA
teñen problemas para regular os seus sentidos ¿Cales son os sentidos?
Pois en ocasións hai sensacións,
ruidos e imaxes que os poñen moi nerviosos e esto fai que o pasen realmente
mal.
Miramos o video e a ver se o
entendemos mellor.
Despois do vídeo: ¿Cómo vos sentistes vendo o
vídeo?
As veces cun pequeno xesto como
baixar o volumen ou non facer ruidos innecesarios podemos evitar o malestar dos
compañeiros.
Remataremos cun vídeo relacionado coa linguaxe e a comunicación
Remataremos cun vídeo relacionado coa linguaxe e a comunicación
Aos nenos dirémoslles: Para que coñezamos que non todo o
mundo gusta de falar ou pode facelo vexamos que hai outros medios para poder
comunicarse con eles. ¿De que outros xeitos ademáis dos que nos amosan no vídeo nos poderíasmos comunicar?
Rematamos vale? Pero antes vexamos que conclusións de todo esto que vimos. Algunhas son as seguintes:
- É necesario ser cuidadosos coa linguaxe que usamos cos nosos compañeiros para que todos nos entendan.
- Tamén é moi importante xogar de forma adecuada e evitar que se queden solos invitándoos a xogar con vos.
- E como non, a todos nos gusta que nos digan as cousas que facemos ben, verdade? Pois haillo que decir a todos os nosos compañeiros.
- Querámonos moito e respetémonos entre todos así seremos moito máis felices.
No hay comentarios:
Publicar un comentario