Igual que nós temos as nosas lecturas veraniegas os peques da casa tamén deberían ter as súas ;)
En http://www.aprendicesvisuales.com/cuentos/ hai unha selección de contos online pensados e deseñados para nenos con TEA. Presentan unha estructura sinxela que emprega pictogramas facilitándolles con eles a correcta comprensión. Nesta páxina recóllense dúas coleccións de libros distintas:
- A COLECCIÓN APRENDE que recólle 5 libros que ensinan autocuidados, rutinas e emocións aos pequenos impulsando a aprendizaxe de habilidades básicas.
- A COLECCIÓN DISFRUTA na que se atopan 6 contos que narran historias orixinais de aventuras.
Gústame este recurso web para empregar na tableta. Con ela os nenos poden ir pasando as páxinas do conto dun modo interactivo e involucrarse de xeito activo na lectura.
Aprendices Visuales publicou os contos da Colección Aprende nunha aplicación gratuita pero so para iPad e iPhone (deixo un enlace directo á descarga pinchando na imaxe de abaixo).
Na aplicación os contos son interactivos e inclúen narrador para as historias, pictogramas táctiles e ilustracións interactivas. Os contos pódense ir lendo de xeito independente ou realizar unha lectura automática. A aplicación permite tocar as imaxes e reproducir os pictogramas de xeito independente, activar e desactivar a música de fondo á vez que a voz do narrador.
Remato esta entrada cuns consellos para as vacacións que nos ofrencen dende Doble Equipo. Espero que vos sexan útiles ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario