Nos seguimos coa teima de coñecer o autismo.
Hoxe os pequenos de Educación Infantil tiveron unha sesión de PELO diferente, na que oíron falar por primeira vez sobre o AUTISMO e os PICTOGRAMAS.
Na primeira parte da sesión vimos un capítulo de Caillou no que o protagonista coñece a un compañeiro con TEA e debe aprender a realacionarse con el.
Logo falamos sobre o vídeo: A Andy gústanlle os lugares ruidosos? Fala moito? Prefire xogar só ou con moita xente? E así fumos coñecendo algunhas características das persoas con TEA.
Na segunda parte aprendemos o que son os PICTOGRAMAS e para que se empregan. Explicamos que os nenos con autismo teñen dificultades para entender o que se lles di e que comprenden mellor e se expresan usando esos debuxos.
Logo xogamos a comprender frases coa seguinte PPT.
Por último, rematamos a sesión lendo un conto con pictogramas de PICTOCUENTOS.
Porque nos debemos concienciar os 365 días do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario