Porque aprendo dos meus alumnos.
Coñecer a lingua de signos é unha asignatura que teño pendente, pero este ano tiven a inmensa sorte de toparme cunha alumna con dificultades auditivas que está sendo a miña mellor mestra.
Esta semana comezamos a traballar coa app Te Cuento pensada para nenos coas súas características.
Trátase dunha aplicación móbil de descarga gratuita creada pola Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación.
É unha aplicación para que nenos e adultos poidan editar de forma sinxela e divertida os seus propios contos en lingua de signos sempre con apoio de texto escrito. Para personalizar os mesmos pódese ilustrar as historias con imaxes propias e arquivalas para reproducir tantas veces como se desexe.
Deixo o enlace para descargar a APP en Android.
No hay comentarios:
Publicar un comentario