Hoxe fixen unha visita a unha libraría en busca dun agasallo para o meu sobriño e rematei enchendo a bolsa.
Nada arrepentida estou da compra xa que viñeron a min milleiros de ideas para traballar a inclusión co grupo - clase.
Un dos libros é "A que sabe la luna" de Michael Grejniec editado por Kalandraka. Pero non é o libro que todos coñeces senon que ten unha adaptación que facilita a súa lectura a nenos con TEA. Vede de que vos falo:
Conto "A que sabe la luna" de Michael Grejniec editado por Kalandraka
Si, trátase dunha versión de B.A.T.A. na que o texto do conto aparece tamén en pictogramas.
Esta magnífica adquisición foi unha grata sorpresa xa que, xunto coa mestra titora do meu alumno, pensamos en facer un contacontos sobre este mesmo libro aproveitando que se está a traballar o tema do universo nas clases de Coñecemento do Medio e Educación Plástica e Visual.
Aproveito o momento para vos recomendar a páxina desta asociación. Como veredes, nela podedes atopar unha morea de material para traballar con nenos con TEA. Entrades no enlace que deixo a continuación e no recadro que pon descargas toparedes cunha carpeta chea de ideas para crear os vosos propios recursos para traballar as emocions, a relaxación, as partes do corpo, as fobias, realizar axendas diarias e un longo etcétera. Ofrécennos 209 documentos explicativos sobre temáticas moi variadas para elaborar material.
O outro libro que merquei foi "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier editado por Juventud. Déixovos o vídeo do mesmo conto narrado, que será o que escoiten as nosas nenas e nenos despois de estar moi atentos á contacontos e reflexionar sobre o que nos transmite :)
Xa vos contarei que tal foron as experiencias con estos materiais.
Remato coa invitación que FEAPS realiza na contraportada do libro de "El cazo de Lorenzo": "ser unha desas persoas extraordinarias que saben apreciar a todos os Lorenzos que arrastran un cazo polo mundo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario