Esta entrada segue un estilo diferente xa que buscando aplicacións e recursos na web para aprender a manexar o ratón topeime con este conto moi relacionado co nome do meu blogue:
Trátase dun conto que explica como as bolboretas dos abeduis pasaron de ser brancas a ser negras e como a Nai Natureza sempre as conservou a pesares da súa cor.
A nivel académico pódeselle quitar moito xugo a este conto xa que serve como exemplo de adaptación dos animais ao medio, de contaminación do medio ambiente e das diferentes eras da historia, por exemplo.
Pero realmente, esta entrada ven a que mentras que lia as súas páxinas fun facendo un símil coa educación do noso país donde as bolboretas son os alumnos, a Nai Natureza somos os mestres e os seres humanos os axentes que entorpecen o proceso de ensino - aprendizaxe.
Quédome coa última frase do conto: "E é que a Nai Natureza pouco lle importa que as bolboretas sexan brancas ou negras... pero queda claro que lle gustan as bolboretas do abedul".
Oh! Que chulo todo! O blogue amigo dunha das miñas bolboretiñas! Espero de todo corazón que chegues ao teu destino! Bicos!
ResponderEliminarMoitísimas gracias Patri! Que ilusión me fixo o teu comentario!
EliminarO meu blogue vai pasiño a pasiño, coma min, e moi paseniñamente! :D
Unha idea que quitei de ti!! Aquí teño enlaces directos a moitos recursos!
Gracias de novo!
Bicooo!!