Queremos aprender a manexar o ordenador para ser máis independentes nas clases de Informática polo que na vindeira semana vamos dar algunhas das nosas sesións de Audición e Linguaxe na aula de Informática.
Para aprender a mover o ratón empregaremos as actividades que nos ofrece a seguinte páxina, coa que vamos mover ao noso antollo por toda a pantalla unha restra de cores:
Aprobeitando o tema do universo co que se está a traballar na aula tamén vamos mover un cohete entre diferentes planetas, gracias á actividade que nos ofrece a seguinte páxina:
Ademáis faremos una parada na seguinte web para descubrir debuxos espaciais movendo o rato:
Por último, en canto ao movemento do rato, vamos recolectar mazás con só pasarlle o punteiro por encima:
Estas son algunhas das actividades que vamos realizar nós o primeiro día, como toma de contacto. A continuación déixovos algúns dos moitos enlaces que atopei na web para traballar o manexo e o clic do rato :
- XOGOS VARIOS PARA MOVER O RATO: http://www.guiachinpum.com.ar/juegos-infantiles/
- ACTIVIDADES PARA APRENDER A FACER CLIC, A SINALAR E A ARRASTRAR O RATO CON SONS: http://www.vedoque.com/juegos/muevelamano.html
- ACTIVIDADES PARA MOVER O RATÓN E FACER CLIC DE DIFERENTES TEMÁTICAS: http://www.elbuhoboo.com/juegos-educativos.php
- XOGOS AMBIENTADOS NO ESPAZO: http://www.educalandia.net/alumnos/infantil.php
E recordade que "A educación non é encher o cubo senon encender o lume" William Butle Yeats
No hay comentarios:
Publicar un comentario